Ceo (mitoloxía)
Ceo | |
---|---|
Pai | Urano |
Nai | Xea |
Cónxuxe | Febe (mitoloxía) |
Fillos | Astéria, Latona, Lelantos, Aphirape e Leto |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Na mitoloxía grega, Ceos (en grego antigo Κοῖος Koĩos), 'o que sabe', 'o que pensa') era o Titán da intelixencia. Os Titáns eran os fillos xigantes de Urano (o Ceo) e Gaia (ou Xea, a Terra).
Mitoloxía[editar | editar a fonte]
Ceos casou coa súa irmá Febe, titánide do brillo e a Lúa, da que tivo dúas fillas: Leto (a deusa do anoitecer) e Asteria (a deusa das estrelas).
De Zeus (fillo de Crono e Rea), Leto xerou a Artemisa e a Apolo.
Ceos representaba a adiviñación polas estrelas, así como o eixe norte do ceo arredor do cal xiraban as estrelas, polo que recibiu o nome de Polos (en grego antigo Πόλος Pólos), "a bóveda celeste".[1]
Como a súa muller (e irmá) e os seus fillos, forma parte dos Titáns siderais, e moitos mitólogos contemporáneos supoñen que baixo o reino de Cronos, presidía a boa marcha do Zodíaco.[2]
Canda a súa muller, que representaba o centro da Terra (entendida como un disco plano), despuntou como un dos primeiros deuses proféticos, sendo Ceo o voceiro da sabedoría do seu pai Urano, e Febe a da súa nai Xea.
Neste sentido as súas dúas fillas representaban as dúas ramas da clarividencia: Leto e o seu fillo Apolo presiden o poder profético da luz e o ceo, mentres que Asteria e a súa filla Hécate fano do da noite, a escuridade e os espíritos dos mortos.
Así mesmo Apolo dividía o seu tempo entre o oráculo de Delfos, no centro da Terra, que presidía a súa avoa e, durante o inverno, nas rexións hiperbóreas, próximas ao polo que representaba o seu avó Ceo. Ambos lugares estaban custodiados por s, Pitón en Delfos e a constelación de Draco no norte axial, podendo estes representar á parella de Titáns. Segundo esta versión, Ceo sería o dragón que Atenea lanzou ao firmamento durante a Titanomaquia.
Na Titanomaquia, despois de dez anos de combate, Ceos, cos demais Titáns, foi derrotado por Zeus e os demais deuses olímpicos, axudados polos Ciclopes e os Hecatónquiros, que o encerraron no Tártaro.
Os autores posthesiódicos e latinos sitúan a Ceos entre os Xigantes xurdidos, para Virxilio, da Terra, ben dela soa ou dela e do Tártaro, pero Hixino prefire máis ben a Polos como Titán, fillo de Urano e de Gaia e como esposo da titánide Febe.
Fragmento da Teogonía de Hesíodo[editar | editar a fonte]
- Febe entrou no leito amoroso de Ceos
- E fecundou a Deusa o Deus con amor
- Naceu Leto de negro veu
- Sempre boa aos humanos e aos Deuses inmortais
- doce desde o inicio
- a máis suave do Olimpo
- Naceu tamén Asteria
- Que Perses levou ao seu palacio
- e a desposou, e desta unión
- naceu a poderosa Hekate
- Que Zeus agraciou con espléndidos Dons...
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Deste nome deriva a denominación do Polo norte e, por extensión, do Polo sur; é dicir, este epíteto de Ceos é a orixe do nome polos (xeográficos e astronómicos).
- ↑ Jean-Pierre Vidal-Naquet, Les Mythes de Souveraineté; Reynald Sorel, Les Cosmogoniques grecques.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Apolodoro, Biblioteca Apollodore. Le Detail de la Bibliothéque. (I, 2-3 ; I, 8-9). (en francés)
- Diodoro de Sicilia, Biblioteca histórica DIODORE DE SICILE. BIBLIOTHEQUE HISTORIQUE (V, 66, 1 ; V, 67, 1). (en francés)
- Hesíodo, Teogonía La Théogonie (dúas traducións: Anne Bignan e Leconte de Lisle) (v. 132-133, 207 e 404). (en francés)
- Himnos homéricos (I a Apolo, v. 61). (en francés)
- Himnos órficos Mythorama (XXXV a Leto) Tradución do grego antigo por Leconte de Lisle. (en francés)
- Hixinio, Fábulas (Excerpta ex Hygini genealogiis, volgo fabulae) BIBLIOTHECA AUGUSTANA.(Prefacio e v. 140). (en latín)
- Ovidio, Metamorfoses Bibliotheca Classica Selecta (VI, 185-186). (en francés)
- Pausanias, Descrición de Grecia Versión bilingüe, orixinal grega e tradución francesa polo abade Gedoyn, Pausanias ou Voyage historique, pittoresque et philosophique de la Grèce. París, Debarle, 1796. (IV, 33, 6). (en francés), (en grego)
- Valerius Flaccus, Argonáuticas Bibliotheca Classica Selecta (III, 224). (en francés)
- Virxilio, Eneida Bibliotheca Classica Selecta (IV, 174-179), Xéorxicas Bibliotheca Classica Selecta (I, 276). (en francés)