Saltar ao contido

Touro salvaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Touro salvaxe
 Título
Raging Bull Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
 Movemento
 Lingua orixinal
 Cor
 Formato de imaxe
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Temática
 Tema principal
 Baseado en
 Época ambientación
Publicación
 Produtor/a
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Recadación
23.383.987 $ Editar o valor en Wikidata
 Custo
18.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
 Puntuación da crítica
90/100 Metacritic (27 de decembro de 2024)
92% Rotten Tomatoes (27 de decembro de 2024)
8.8/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Óscar á mellor actriz secundaria (17 de febreiro de 1981)
Óscar á mellor fotografía (17 de febreiro de 1981)
Óscar á mellor montaxe (17 de febreiro de 1981)
Óscar ó mellor filme (17 de febreiro de 1981)
Óscar ó mellor director (17 de febreiro de 1981)
Óscar ó mellor actor secundario (17 de febreiro de 1981)
Óscar ó mellor actor (17 de febreiro de 1981)
Óscar ó mellor son (17 de febreiro de 1981) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
19 de decembro de 1980 (Estados Unidos de América)
12 de marzo de 1981 (Alemaña)
1980 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración129 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Identificadores
VIAF316751624 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-512E-0000-S-0000-0000-R Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/06cm5 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt0081398 Filmaffinity: 789039 Allocine: 950 Rottentomatoes: m/raging_bull Mojo: ragingbull Allmovie: v40104 TCM: 19525 Metacritic: movie/raging-bull TV.com: movies/raging-bull Netlix: 70020699 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Touro salvaxe (en inglés: Raging Bull), é un filme estadounidense de 1980 dirixido por Martin Scorsese e baseado no libro Raging Bull: My Story do boxeador Jake La Motta. Robert De Niro interpreta o boxeador de peso mediano cunha rabia sadomasoquista, celos sexuais e apetito brutal que exceden os límites do cuadrilátero e destrúen a súa relación coa súa esposa e a súa familia. Joe Pesci interpreta a Joey, irmán e director de LaMotta que o axuda a loitar contra si mesmo, e Cathy Moriarty interpreta a súa esposa. O filme foi candidato a oito premios Oscar e conseguiu dous, mellor montaxe e mellor actor.[1]

Touro salvaxe está considerado un dos mellores filmes da historia do cinema estadounidense[2] e foi elixido en varias listaxes dos mellores filmes polo American Film Institute.[3]

En 1990 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.[4]

Foi emitido na TVG o 12 de xaneiro de 1991.[5]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Jake LaMotta é un mozo boxeador italoestadounidense que adestra arduamente para chegar a ser o número un nos pesos medios. Coa axuda do seu irmán, Joey, verá ese soño feito realidade moito despois. Con todo, a fama e o éxito só conseguen empeorar as cousas. O seu matrimonio vai cada vez peor debido á súa vida clandestina con outras mulleres, aos celos sexuais e as infidelidades da súa esposa por vinganza, e por outra banda a mafia presiónao para que os seus combates estean amañados.

  1. "The 53rd Academy Awards (1981) Nominees and Winners". oscars.org (en inglés). 
  2. "20 greatest American movies of all time". The Washington Times (en inglés). xaneiro de 2017. Consultado o 18 de xaneiro de 2017. 
  3. "AFI's 100 greatest American movies of all time". American Film Institute (en inglés). 16 de xuño de 1998. Consultado o 18 de xaneiro de 2017. 
  4. Gamarekian, Barbara (19 de outubro de 1990). "Library of Congress Adds 25 Titles to National Film Registry" (en inglés). The New York Times. 
  5. La Voz de Galicia, 12 de xaneiro de 1991. Páx. 70

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]