É unha rexión cunha inmensa riqueza ecolóxica, hidrográfica, mineira e forestal na cal se atopan parques nacionais naturais. É considerada unha das rexións de maior biodiversidade e pluviosidade do planeta con precipitacións de 4 000 mm/anuais segundo o Ministerio de Minas e Enerxía de Colombia.[2] É tamén a terra da cultura afrocolombiana e de numerosas tribos indoamericanas que foron denominadas "chocoes" polos españois no momento da Conquista, aínda que o termo inclúe familias lingüísticas de diferente orixe.
↑Memoria Explicativa, mapa geológico de Colombia, 1988, Ministerio de Minas y Energía, Ingeominas, Autodiagnóstico Minero del Cauca Indígena CRIC, Cauca, outubro de 2005