O recinto principal ten forma case circular. De norte a sur uns 76m e de leste a oeste uns 89m. A construción ten tres muros de forma case concéntrica aproveitando a forte pendente natural. O poboado ten dous accesos. O principal na zona sur leste a outra no nordeste. Polo interior, paralelamente aos muros de pedra, discorre un camiño.
Nas escavacións xunto ao segundo muro ao sueste atopáronse dúas edificacións con muros de pedra. A primeira situada máis alta tendo un espazo de 1,7m por 1,8m. Os muros de pedra miden ata 80cm de altura. Na segunda construción as esquinas son redondeadas. Os muros teñen un groso de 50cm hai dúas zonas, unha inferior de 40cm a modo de cimentos e a superior de 70cm. de superficie lisa. A función destas construcións é descoñecida.
O castro está catalogado e protexido por patrimonio, é propiedade do concello de Ferrol que realiza traballos de estudo.[2][3]