Castro de Santa Mariña
Aparencia
Castro de Santa Mariña | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | castro ![]() | |||
Conservación | abandono | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Ferrol ![]() | |||
Datas | ||||
Escavación | non escavado | |||
Patrimonio cultural | ||||
Id. catálogo | GA15036011 | |||
[ Wikidata ] |
O castro de Santa Mariña tamén chamado Casal dos Ovos ou Castros Altos de Serantes é un poboado castrexo situado no concello de Ferrol, xunto á igrexa de Santa Mariña, nun alto en forma de chaira dende o que se domina a ría de Ferrol e á vista dos montes de Serantes.
Descrición
[editar | editar a fonte]O recinto ten forma ovalada e cunhas medidas nos eixos 88 m de norte a sur e de 104 m de leste a oeste. Parte do peche do castro foi destruído polo camiño de aceso actual e por obras na zona. A croa está ocupada por leiras e pequenas construcións. Só se aprecia unha pequena elevación das defensas no perímetro aproveitado como peche das leiras.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Peche metálico sobre as defensas do Castro de Santa Mariña.
-
Vista dos parapetos do castro de Santa Mariña cara á ría de Ferrol.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Castro de Santa Mariña Arquivado 24 de abril de 2012 en Wayback Machine. (en castelán).