Castro de Folgoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Castro de Folgoso
ParroquiaFolgoso
ConcelloAllariz
ProvinciaOurense
Comunidade autónomaGalicia
Cronoloxía
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Folgoso, tamén chamado de Boa Nai, é un castro situado na parroquia de Folgoso, no concello ourensán de Allariz.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Consta dun recinto fortificado dobre. A croa está delimitada por un recinto murado. No seu cumio atópanse grandes penedos con numerosas pías, algunha delas comunicada cunha canle perforada na rocha que desemboca nun desaugadoiro. Arredor da croa obsérvase un segundo recinto anular arredor do máis elevado. Este está interrompido á altura dunha pequena plataforma que se pecha contra o primeiro recinto. Neste lugar é posible que estivese a entrada. Ao sur existe outra plataforma que se pecha sobre o segundo recinto fortificado, a modo de terraza.

Arqueoloxía[editar | editar a fonte]

Non se ten noticia de que se teñan realizado campañas arqueolóxicas. Nunha prospección superficial atopáronse restos de cerámica castrexa con decoración estampillada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]