Castro de Erboedo
Aparencia
| Castro de Erboedo | |
|---|---|
| Lestón | |
|
Instancia de
| |
| Localización | |
|
Situado en
| |
|
País
| |
| Wikidata |
O castro de Erboedo, tamén chamado Os Castros ou As Croas, é un castro situado na parroquia de Lestón, no concello coruñés da Laracha.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Consta dun recinto fortificado que consta dunha plataforma principal duns 65 metros de diámetro máximo. Conserva restos dun parapeto de defensa de ata 2,50 metros de altura exterior. Polo lado norte, e tras o parapeto principal, hai dous parapetos máis e dous fosos intercalados. Polo lado sur hai un aterrazamento. A entrada ó recinto principal está situada na parte do suroeste.
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Catálogo de elementos a protexer ou a recuperar[Ligazón morta]. Revisión do PXOM de Abegondo. Outubro 2010
