Castro das Pías
Coordenadas: 43°28′27″N 8°10′15″O / 43.47428, -8.17086
Castro das Pías | |
---|---|
Parroquia | Perlío |
Concello | Fene |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
Id. catálogo | GA15036001 |
Cronoloxía | |
Estado actual | destruído |
Extensión estimada | ? ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza |
O castro das Pías é un castro de cumio fortificado situado no lugar do Cruceiro, Fene[1].
Ten forma case circular, duns 125 metros de diámetro. Está construído aproveitando unha elevación natural para fortificar. Actualmente moi modificado por traballos agrícolas e por construcións de vivendas e pendellos. En fotos históricas aprécianse os muros exteriores, hoxe só visibles en forma de terrapléns.