Castro das Insuas
Aparencia
Castro das Insuas | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | castro ![]() | |||
Conservación | abandono | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Pontedeume | |||
Parroquia | Boebre ![]() | |||
Datas | ||||
Escavación | 2011 | |||
Dimensións | ||||
Superficie | 1,6 | |||
Patrimonio cultural | ||||
Id. catálogo | GA15048002 | |||
[ Wikidata ] |
Castro das Insuas ou castro da Insua é un poboado castrexo situado na península das Insuas, en Boebre (Pontedeume).
É un castro costeiro situado nunha península no lugar da Barreira, na parroquia de Boebre. Está defendido por un único parapeto no istmo que o une á terra. No seu lado oeste está arrasado polo mar, e no leste os labores agrícolas desmontaron parte do parapeto defensivo. En 2011 a Asociación cultural Ardóbriga liderou unha prospección arqueolóxica, realizándose achados de distintas épocas: desde cerámica castrexa ata lápidas sepulcrais e ósos humanos correspondentes á época na que se achaban alí o cemiterio e a igrexa da parroquia de Boebre[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Asociación cultural Ardóbriga (ed.). "Primeira campaña arqueolóxica de Ardóbriga (3 entregas)". Consultado o 22 de febreiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |