Castelanismos morfosintácticos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os castelanismos morfosintácticos no galego poden ser clasificados segundo a clase ou subclase de palabra á que afecten:

Castelanismos no substantivo[editar | editar a fonte]

  1. no xénero:*a legume por o legume, *o análise por a análise.
  2. no número:*ies por is, *tabúes por tabús

Castelanismos no artigo[editar | editar a fonte]

  1. emprego dos singulares *tódolo e *tódola.
  2. non utilización da forma plena coa preposición por, ou da crase con con: *por o camiño
  3. alteracións no uso: antropónimos, posesivos,...
  4. emprego da forma masculina cos substantivos femininos: *o auga

Castelanismos no pronome persoal[editar | editar a fonte]

  1. non contracción de el/es, ela/s con de e en.
  2. emprego de eu no canto de min, sobre todo en función oblicua (é máis alto ca *eu, por é máis alto ca min)
  3. substitución sistemática de si polas formas analíticas e non reflexivas (para el, con el, canda el).
  4. uso do pronome *elo
  5. ausencia de connosco, convosco
  6. desaparición dos valores de el (el pleonástico, reforzo interrogativo,...)
  7. desuso de nosoutros, vosoutros,...
  8. emprego da forma reflexiva co verbo afogar cando é unha acción fortuíta: *afogouse a consecuencia dunha cambra.
  9. emprego da forma reflexiva do verbo marchar cando non indica unha longa ausencia: *marchouse pola mañá e volveu pola tarde.
  10. uso do pronome reflexivo con verbo que porta o.d.: *laveime as mans.
  11. uso pronominal de verbos que non o son: rin moito
  12. confusión te/che
  13. emprego de lle, lles no canto de o, os.
  14. aparición dun reflexivo de interese inexistente na nosa lingua: *non me creo o que contas, *non te merecías ese trato.
  15. uso de verbos de movemento como reflexivos cando non admiten a forma reflexiva: *caeuse da bicicleta, *subinme, *baixouse.
  16. casar, beber, comer, morrer, etc. non admiten nunca a forma reflexiva.
  17. ausencia do pronome de solidariedade.
  18. colocación falsa do pronome.

Castelanismos no demostrativo[editar | editar a fonte]

  1. non utilización das contraccións do demostrativo. En especial co indefinido outro.
  2. non utilización sistemática dos usos e valores especiais do demostrativo.
  3. estos por estes,...
  4. non emprego dos valores de daquela
  5. ausencia de secuencias feitas tradicionais: con estas, nestas,...

Castelanismos no posesivo[editar | editar a fonte]

  1. non utilización do artigo cando é de regra.
  2. desaparición do posesivo distributivo.
  3. utilización do posesivo e non do pronome persoal átono correspondente: reservou a nosa viaxe por reservounos a viaxe.

Castelanismos no indefinido[editar | editar a fonte]

  1. Emprego de *calquer, *calqueira, *quenqueira, *alguién
  2. emprego de algún/s, algunha/s en oracións negativas (*non me causou problema algún)..
  3. O emprego de unhos ou unhes é unha forma correcta en galego, especialmente no bloque central. Fóra deses casos e deses usos patrimoniais, pode ser considerado castelanismo.

Castelanismos no relativo e interrogativo[editar | editar a fonte]

  1. emprego de *cuyo ou *cuio no canto de cuxo
  2. emprego de *quenes (non ten plural)

Castelanismos no verbo[editar | editar a fonte]

  1. substitución de paradigmas de tempos verbais polos do castelán: dea/*de, deas/*des,...; estea/*esté,...
  2. desaparición das alternancias do radical do tipo durmo, dormes, dorme..., sirvo, serves, serve.
  3. desaparición das alternancias do radical do tipo bebo, bEbes, bEbe... e como, cOmes, cOme...
  4. variacións na vogal temática: bater, combater, debater, concorrer, discorrer, ocorrer, percorrer, recorrer, transcorrer, render, rexer, converter, xemer,...
  5. castelanismos no presente e no perfecto dos verbos en -ecer e -ucir: *conduxen, *obedezca.
  6. castelanismo no presente dos verbos en -aer, -oer, -aír, -oír, -uír: *traigo, *intuio,...
  7. alteración da p4 do perfecto dos verbos da segunda: comemos / *comimos
  8. castelanismos nos temas de perfecto dos verbos irregulares
  9. castelanismo nos verbos en -er (<eer), e -ir (<iir): *lees, *ríes.
  10. alteracións na conxugación irregular: *cupo, *estuvo, *valdrei, *vades, *valga,...
  11. forma composta de antepresente na perífrase ter + participio
  12. uso da perífrase haber + participio, especialmente en pluscuamperfecto.
  13. utilización da perífrase houbese + participio máis alá das súas posibilidades.
  14. redución do riquísimo sistema do galego de perífrases verbais
  15. uso da preposición a en construcións perifrásticas do tipo ir + infinitivo.
  16. desuso do infinitivo conxugado, mesmo en casos en que é obrigatorio.
  17. alteracións da natureza funcional do verbo:
  18. Recorrer é intransitivo e emprégase coa preposición contra: *recorreu a sentenza.
  19. Uso reflexivo dos verbos rabuñar, calzar, cravar, lavar, afeitar,... cando van acompañados de o.d.: *fíxenme un pantalón na costureira.
  20. Determinados verbos son empregados como transitivos cando, nun correcto galego, deberían empregarse como intransitivos: *cesaron o director, *foron cesados
  21. Informar é intransitivo cando significa ‘emitir un informe’ e está acompañado da preposición sobre: *informaron negativamente a petición. O mesmo acontece con dictaminar.
  22. Algúns verbos só son reflexivos nalgunha das súas acepcións (cerrar, coidar, correr, curar, endurecer, romper, saber,...: *a tenda cerrouse por falta de clientes.
  23. Uso reflexivo de verbos que non o son en ningún caso: *morreuse o seu home.

Castelanismos no adverbio[editar | editar a fonte]

  1. redución do número de adverbios. Utilización exclusiva dos que existen en español.
  2. emprego de *mentras, *ahora.

Castelanismos na preposición[editar | editar a fonte]

  1. segundo termo da comparación, con nomes de parentesco, e con nomes propios de persoa: *vin teu irmán no cine, *matou ó gato.
  2. igualación de ata e deica, de sobre de e encol de,
  3. redución do sistema de preposicións. Empréganse exclusivamente as que se asemellan ó español ou teñen tradución directa e non outras como canda, onda, perante, malia,...
  4. aparición da preposición a na perífrase a + infinitivo
  5. aparición da preposición a indebidamente co o.d. en liñas xerais debe empregarse cando o o.d. é un pronome persoal tónico, o
  6. emprego de *hasta, *hastra, *sin, *según,...

Castelanismos nos nexos[editar | editar a fonte]

  1. uso da realización i da conxunción e ante consoante, o ou u: *i despois.
  2. uso erróneo de como e coma e de ca, que: é tan alto *como ti. Gasta máis *ca gaña.

Castelanismos na interxección[editar | editar a fonte]

  1. substitución das interxeccións polas castelás

Véxase tamén[editar | editar a fonte]