Conversa:Castelanismos morfosintácticos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non estou de acordo con o punto 16 de castelanismos no pronome persoal, a respeito de casar. ´É unha teima continua, cando existen numerosos exemplos no cancioeiro galego de tradición oral, con exemplos moi antigos. Ten paralelos no portugués.

  • Miña nai por me casar / prometeume canto tiña / ... (Padre Sobreia)
  • Eu caseime por un ano / por saber que vida era /... (Rielo, Terra Cha)
  • .../ o fillo d'a muiñeira / tamén xa se quer casar. (Pérez Ballesteros, III- Betanzos).

Entanto, na literatura culta:

  • Pedro foi atrapado e casouse (Castelao, Os dous de sempre, cap. XXVI).
  • (...) e o fillo que se chamaba Iusef, casouse cunha española, malagueña ela (Cunqueiro, Leiras de Tardiz, in Xente de aquí e de acolá).
  • Doña Mercedes casárase moi noviña, case unha nena (Fole, Tres historias do Pazo de Lucencia, in Terra Brava).

E indo atrás pódes atopar no Mrdioevo:

  • Fernán Díaz é aquí, como vistes, / e anda en preito de se casar ; / mais non pode ó casamento chegar /... (Airas Pérez Vuitorón, CV 1090 - CB 1479 , edic. Álvarez Blázquez)
<< aquí non nego que puidera ser un se condicional >>

- Montes, 18 marzo 2008, 18:22, 18:33


Non entendo porque usar *calquer é un castelanismo...

-Idem

  • Concordo Penso que podes mudar o que ti dis, e corrixir o artigo. AlberteSi, digame? 10:44, 19 marzo 2008 (UTC)
    • Nos libros de texto esa estrutura aparece como castelanismo penso que para cambiala débense achegar referencias, non de exemplos da súa utilización senón de obras de referencia sobre castelanismos, dicionarios de erros, traballos filolóxicos ou similares.--Arco de Rayne 11:31, 19 marzo 2008 (UTC)
    • Hai que achegar referencias en calquera dos dous casos. A explicación de Montes parece moi plausíbel, pero a wikipedia non é unha fonte primaria. --Xabier Cid 11:36, 19 marzo 2008 (UTC)
      • Xosé Graña Núñez na páxina 79 de "Vacilacións, interferencias e outros "pecados" da lingua galega" editado en 1993 di que casar non admite a construción pronominal por interferencia do castelán. Admito que non sei se é exactamente o mesmo que reflexivo, tiven que estudalo pero recoñezo que non me acordo :( --Arco de Rayne 11:52, 19 marzo 2008 (UTC)