Castelanismos semánticos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As interferencias semánticas co español son pouco frecuentes. Velaquí algunhas:

  • almorzar por xantar: Almorzar é en galego a realización da primeira comida do día. En castelán significa xantar (ó mediodía).
  • escaleira por escada: En castelán non existe esta diferenciación. É frecuente o castelanismo semántico que substitúe o vocábulo esqueira por escada. En galego a escada é a transportábel, e as escaleiras están fixadas no chan.
  • axuntamento (acción e efecto de xuntar) por concello (corporación, término, xurisdición municipal).
  • grado (de bo grado equivale a voluntariamente, gustosamente) por grao.
  • quentamento por quecemento.
  • recorrido por percorrido.
  • roxo por vermello: Vermello é encarnado ou colorado, e roxo é unha cor que vai entre o amarelo dourado e o acastañado, mais non coinciden.
  • rubio por louro: A cor rubia ou ruba coincide co vermello (ex. O pícaro tiña os ollos rubios quere dicir encarnados), e o louro vén sendo o dourado, aplicado á cor do cabelo moitas veces).
  • sono por soño: O sono pode ser a gana ou desexo de durmir, e tamén o estado de repouso durante o cal durmimos; polo contrario, o soño son as imaxes oníricas.