Carmen Prieto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Carmen Prieto Rouco 13 de xaneiro de 1901 Vilalba, España |
Morte | 11 de maio de 1977 (76 anos) Vilalba, España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora |
Xénero artístico | Poesía |
Descrito pola fonte | Diccionario bio-bibliográfico de escritores, (vol:3, p.129) |
Carmen Prieto Rouco, nada en Vilalba o 13 de xaneiro de 1901[1] e finada na mesma localidade o 11 de maio de 1977,[2] foi unha poeta e dramaturga galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Epígono de Rosalía de Castro, comezou a escribir moi nova. Algúns poemas publicados en Horas de frebe datan de cando tiña trece anos.[3] A súa poesía, costumista e dun lirismo subxectivo, céntrase no mundo rural, frecuentemente cun ton anticaciquil. Formalmente, os seus versos amosan defectos no ritmo[2] e o seu galego é algo forzado.[4] Colaborou en Ideal Gallego, e moitos dos seus poemas apareceron en Faro Villalbés. Está considerada unha das precursoras da escrita teatral galega canda Herminia Fariña.[5]
De ideoloxía católica conservadora, durante a Guerra Civil Española cantou as glorias de Francisco Franco.[6] Deixou de publicar en galego ata 1956, cando editou o poemario bilingüe Lluvia menuda.
Obra
[editar | editar a fonte]Poemarios
[editar | editar a fonte]- Horas de frebe (1926)
- Lluvia menuda (1956, bilingüe)
- A virxe viuda. Hestoria dun amor (1964)
- O derradeiro (1977, póstumo)
Obra teatral
[editar | editar a fonte]- A loita (1923, monólogo anticaciquil e de propaganda das Irmandades da Fala)
- O lexionareo (1925, monólogo patriota español con motivo da guerra de África)
- O embargo (traxedia)
- Treidores celos (zarzuela)
- A boda do afillado (monólogo)
- O secreto da bruxa (sainete)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1954). "Prieto Rouco, Carmen". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 129.
- ↑ 2,0 2,1 Carballo Calero, R. (198). Historia da literatura galega contemporánea (3ª ed.). Galaxia. pp. 562–563.
- ↑ Arturo Casas Público e empresas editoras na poesía galega entre a fundación das Irmandades da Fala e a Guerra Civil en Homenaje a Benito Varela Jácome. USC, 2001, páxina 109.
- ↑ Germán Bleiberg, Maureen Ihrie e Janet Pérez Dictionary of the literature of the Iberian Peninsula, Volume 2. Greenwood Publishing Group, 1993, páxina 1314
- ↑ Carmen Blanco Literatura galega da muller. Xerais, 1991, pp. 328-333
- ↑ Xoán Pastor Rodríguez Santamaría Penélopes de tinta: as mulleres na poesía galega. Da guerra civil á palabra no tempo Arquivado 16 de xuño de 2012 en Wayback Machine. Barbantia. Anuario de Estudos do Barbanza 3, 2007
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Alonso Montero, Xesús (1997). Os poetas galegos e Franco. Akal. ISBN 84-460-0839-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.