Carmen Domínguez Vaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carmen Domínguez Vaz
Nacemento5 de xaneiro de 1951
 Pontevedra
Falecemento6 de abril de 2021
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintora
CónxuxeEnrique Ortega Pastor † 2014
Filloscatro
editar datos en Wikidata ]

Carmen Domínguez Vaz, nada en Pontevedra o 5 de xaneiro de 1951 e finada en Madrid o 6 de abril de 2021, foi unha pintora galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio por indicacións dos pais e, en 1968, marchou a París para estudar francés. Acudiu como oínte á Escola de Belas Artes onde entrou en contacto cun mundo artístico onde primaba a liberdade e aprendeu técnicas descoñecidas até ese momento.[1] Na década de 1980, marchou a Rusia onde se deixou influír polo impresionismo.

En 1983 fixo a primeira exposición, colectiva, na que foi apadriñada por Laxeiro, sendo o presentador Xosé Filgueira Valverde.[2]

Hai obra súa na Colección Afundación, no Museo Provincial de Pontevedra, nas Deputacións de Pontevedra e Lugo; na Pinacoteca de Granada; nos concellos de Baiona e A Coruña,[3] no Museo do Debuxo en Buenos Aires, no Casino Atlántico das Palmas de Gran Canaria e nas coleccións de diversas entidades privadas.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]