Víctor Català
Víctor Català | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Caterina Albert Paradís |
Alcume | Víctor Català, Marc de Rialp e Caterina Albert |
Nacemento | 11 de setembro de 1869 |
Lugar de nacemento | L'Escala |
Falecemento | 27 de xaneiro de 1966 |
Lugar de falecemento | L'Escala |
Soterrada | L'Escala Old Cemetery |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritora, escultora, ilustradora e pintora |
Coñecida por | Drames rurals, Solitud e sen etiquetar |
Premios | Premio Fastenrath |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Caterina Albert i Paradís, nada en L'Escala o 11 de setembro de 1869 e finada na mesma vila o 27 de xaneiro de 1966, foi unha escritora catalá da Renaixença, máis coñecida polo pseudónimo literario de Víctor Català.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu no seo dunha familia burguesa. Estudou en Xirona e xa dende moi nova amosou inclinacións artísticas, en especial polo debuxo, a pintura e a poesía, sendo as súas primeiras composicións xuvenís en lingua castelá. En 1890 morreu seu pai e Caterina quedou encargada de administrar o patrimonio familiar. En 1897, escribiu a súa primeira obra importante, obra dramática romántica, El setè, sant matrimoni.
En 1898 concorreu aos Jocs Florals de Olot, onde resultan premiados o seu poema El llibre nou e o seu monólogo La infanticida, que escandaliza pola súa temática e o ton no que estaba escrito, aumentando o escándalo ao saber o xurado que fora unha muller quen o escribira. Por mor disto Catarina dende 1900 utiliza o alcume de Víctor Català. En 1901 sae do prelo o libro de poesías El cant dels mesos e comeza a colaborar na revista Joventut ata o seu peche en 1906. Quatre monòlogs aparece en 1902 e nese ano sae tamén Drames rurals, libro de relatos que se converte nun éxito de vendas e crítica.

En 1904 comeza a publicar por entregas en Jovetut a novela modernista Solitud e trasládase a vivir a Barcelona. En 1904 aparece Ombrívoles, conxunto de narracións. En 1905 aparece Solitud, a obra máis recoñecida da autora e unha das mellores da literatura catalá. Caires vius, outro libro de narracións aparece en 1907, e tras el un longo silencio literario ata 1918 no que comeza a publicar na revista Catalana os retallos do que será a novela Un film, que publicará en 1919 e que recibirá duras críticas, a partir de entón diminuirá a súa influencia no mundo literario catalán. Seguirá a publicar algúns libros de relatos como Mare Balena (1920), Contrallums (1930), e xa despois da guerra civil española Vida mólta (1949) aparece logo de publicar un libro en castelán por imposibilidade de publicalo na lingua orixinal. En 1951 aparece Jubileu e as Obres completes.