Carlos Robles Piquer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos Robles Piquer
Nacemento13 de outubro de 1925
 Madrid
Falecemento9 de febreiro de 2018
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico, diplomático e avogado
FillosJosé María Robles Fraga
PremiosGran Cruz da Orden de Carlos lll, Gran Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, Medalla da Orde do mérito constitucional e Robert Schuman Medal
editar datos en Wikidata ]

Carlos Robles Piquer, nado en Madrid o 13 de outubro de 1925 e finado na mesma cidade o 9 de febreiro de 2018, foi un político e diplomático español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutor en Dereito e licenciado en Filosofía e Letras e Ciencias Políticas e Económicas, incorporouse á carreira diplomática. Foi embaixador en Libia, Chad, Italia, e Malta, cónsul en Nador, e secretario de embaixada en Bogotá.

A súa carreira política desenvolveuse nos últimos anos do franquismo e nos primeiros da Transición. Entre 1962 e 1967 foi Director Xeral de Información e entre 1967 e 1969 de Cultura Popular e Espectáculos. Logo da morte de Franco, foi Ministro de Educación e Ciencia (1975-1976), no Goberno de Carlos Arias Navarro.

Con Adolfo Suárez como presidente, ocupou os cargos de Secretario de Estado de Asuntos Exteriores (1979-1981), Director Xeral de Radio Televisión Española (1981-1982) e presidente do Instituto de Cooperación Iberoamericana (1982).

En xuño de 1983 foi designado senador pola Asemblea de Madrid. Ao acceder España á Unión Europea, foi designado deputado no Parlamento Europeo polo Senado de España. Foi elixido nas Eleccións europeas de 1987, e reelixido en 1989 e 1994, ocupando o cargo ata 1999.

Casado con Elisa Fraga Iribarne, irmá de Manuel Fraga, foi coordinador xeral de Alianza Popular, senador e deputado no Parlamento Europeo. Posteriormente incorporouse á Fundación FAES como patrón.

É pai dos políticos Elisa e José María Robles Fraga, e do diplomático Carlos Robles Fraga.

En 1998 recibiu a Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso X o Sabio. En 2006 publicou un resumo da súa tese de doutoramento, titulado Europa y el drama de África. En 2011 publicou as súas memorias co titulo Memoria de cuatro Españas.


Predecesor:
Cruz Martínez Esteruelas
 
COA Spain 1945 1977.svg
Ministro de Educación e Ciencia
 
1975 - 1976
Sucesor:
Aurelio Menéndez Menéndez
Predecesor:
Fernando Castedo
 Director Xeral de RTVE 
1981 - 1982
Sucesor:
Eugenio Nasarre

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]