Manuel Fraga Bello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Fraga Bello
Nacemento1866
 Vilalba
Falecemento9 de abril de 1967
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
FillosManuel Fraga
editar datos en Wikidata ]

Manuel Fraga Bello, nado en Rioaveso (Vilalba) en 1866 e finado na vila de Vilalba o 9 de abril de 1967[1], foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun carpinteiro, quedou orfo, cunha nai arruinada e con varios irmáns. Marchou a Madrid en 1915 onde traballou de atador en Torrejón de Velasco. Logo emigrou a Cuba, instalándose en Manatí, onde coñeceu a súa muller María Iribarne. Retornou a Vilalba en 1928. Ao rematar a ditadura de Primo de Rivera foi elixido alcalde de Vilalba o 11 de abril de 1929[2], cesando en febreiro de 1930. Volveu ser nomeado alcalde por Real Orde en abril de 1930[3] ata a proclamación da República. Durante a Segunda República aliñouse nas filas da CEDA e durante o franquismo foi nomeado outra vez alcalde de Vilalba (1937-1938)[4].


Predecesor:
José Novo Pardo
 Escudo de Vilalba (Lugo).svg
Alcalde de Vilalba
 
1929 - 1930
Sucesor:
Vicente Ramudo Prieto
Predecesor:
Vicente Ramudo Prieto
 Escudo de Vilalba (Lugo).svg
Alcalde de Vilalba
 
1930 - 1931
Sucesor:
José Carballeira Fraga
Predecesor:
-
 Escudo de Vilalba (Lugo).svg
Alcalde de Vilalba
 
1937 - 1938
Sucesor:
Mercedes Ramudo Ramudo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 11-4-1967, p. 18.
  2. El Pueblo Gallego, 16-4-1929, p. 17.
  3. El Regional, 14-4-1930, p. 2.
  4. Sepelio de los restos de don Manuel Fraga Bello

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]