Carlos Lixó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos Lixó
Carloslixo.jpg
Nacemento11 de novembro de 1991
 Carreira
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriador
editar datos en Wikidata ]

Carlos Lixó Gómez, nado o 11 de novembro de 1991 en Carreira (Ribeira), é un historiador e polígrafo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlos Lixó é graduado en Historia e máster en Profesorado de ESO e Linguas pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2018 traballaba traballaba na súa tese de doutoramento en historia medieval e daba aulas na mesma universidade. Obtivo o Premio Extraordinario da USC e o Premio de Fin de Carreira da Xunta de Galicia.[1]

No eido literario, Carlos Lixó obtivo en dúas ocasións o premio de relatos curtos do concello de Cambre e o terceiro premio de relatos curtos do concello de Ames. Publicou poemas na revista Dorna. Colabora ocasionalmente no xornal dixital Sermos Galiza.

No 2017 foi merecedor do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé polo seu poemario presentado co título Murallas de pedra sen cemento que duran para sempre, e que foi publicado co título As casas. O xurado estivo composto por Chus Nogueira, Jesús Castro Yáñez e María Lado.[2]

No 2018 recibiu o premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo con "Alpabardas verdes".[3][4]

Con Oriana Méndez en Teñamos a poesía en Paz. Libraría Paz. Pontevedra. 11/04/2019

Publicacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]