Saltar ao contido

Jesús Castro Yáñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús Castro Yáñez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de abril de 1992 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Baltar Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX5566918 Bitraga: 5370 Dialnet: 3057662

Jesús Castro Yáñez, nado en Baltar (A Pastoriza), o 2 de abril de 1992, é un poeta e odontólogo[1] galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa traxectoria literia moi mozo e con só 17 anos gañou o premio Minerva de poesía[2]. Tres anos despois gañou o II Premio de poesía Díaz Jácome (2012) e, a partir de aí, obtivo mencións noutros certames coma o Xela Arias ou o Ánxel Casal. En 2015 acadou o I Premio de Relato Breve Nélida Piñón[1] do Concello de Cotobade, co relato “O vello e o minotauro”[3] e o Premio nacional de poesía Pérez Parallé con Os nomes e os himnos[4].

Ten publicado poemas en revistas como Dorna ou Obituario Magazine. É autor da plaquette bilingüe Spike-and-wave (Nanoediciones, 2014).[5] No 2017 publicou en inglés /\/\/\ dentro do proxecto Poetry Will be Made by All, en formato dixital e impreso,[6] e Ultramarino (Chan da Pólvora). En 2018 colaborou na revista Ligeia.[7]

Formou parte da diversos obradoiros de tradución poética internacionais e ten participado en abondosos festivais e ciclos de poesía, como é o caso de Marpoética, Poetas Di(n)versos, VERSUD, Živa književnost, Alguén que respira! ou Bray Lit Fest.

  • /\/\/\ (2017). 89Plus and LUMA Foundation.[8]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Obituario (Fundación Málaga, 2015).
  • No seu despregar (Apiario, 2016). Poesía.
  • 13. Antoloxía da poesía galega próxima (ed. bilingüe, Chan da Pólvora / papeles mínimos, 2017). Poesía.
  • Ανθολογία Νέων Γαλικιανών Ποιητών/Antoloxía De Poesía Galega Nova (Vakxikon, 2019). Poesía.
  • Nós, xs inadaptadxs. Representações, desejos e histórias LGBTIQ na Galiza (Através Editora, 2020).
  • Árboles frutales (Editorial Dieciséis, 2021). Poesía.

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • O vello e o minotauro (2015). Deputación de Pontevedra. Relato curto.[11]

Infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]
  • O meu amigo Federico (2023). Triqueta editora. Ilustracións de Iván R. Tradución castelá: Mi amigo Federico; tradución catalá de Eduard Velasco: El meu amic Federico. Narrativa.

Tradución

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 "El lucense Jesús Castro gana el Premio Nélida Piñón de relato corto". El Progreso. Consultado o 19-5-2020.
  2. "Los premios Minerva o el futuro de las letras gallegas". El Correo Gallego. Consultado o 19-05-2020.
  3. “O vello e o minotauro” gaña o primeiro premio de relato breve “Nélida Piñón”
  4. "Jesús Castro Yáñez obtén o XXVIII Premio Pérez Parallé". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 15 de novembro de 2015.
  5. http://nanoediciones.com/?p=1342
  6. http://poetrywillbemadebyall.com/book/2405/
  7. "Jesús Castro Yáñez". Ligeia. Revista de Literatura (1). Xuño/setembro 2018. ISSN 2603-7416.
  8. http://poetrywillbemadebyall.com/book/2405/
  9. "Ultramarino [Jesús Castro Yañez]". A poesía necesaria. Consultado o 2025-04-24.
  10. "Outroutro [Jesús Castro Yáñez]". A poesía necesaria. Consultado o 2025-04-24.
  11. http://jesuscastroyanez.tumblr.com/o-vello-e-o-minotauro
  12. "Campo de plumas. Poemas LGBT+ para a mocidade dende a Antigüidade ata hoxe". rinoceronte.gal. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2021. Consultado o 25 de xuño de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]