Saltar ao contido

Shrek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Shrek
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Título
Shrek (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
Shrek! (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Inspirado na obra de
 Forma artística
 Lingua orixinal
Obras e produtos
 Formato de distribución
 Franquía de medios
 Cor
 Ambientado en
DuLoc (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Universo ficticio
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Deseñador/a vestiario
Organizacións
 Distribuidor/a
Economía
Custo60000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación488351320 $ Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
22 de abril de 2001 (Estados Unidos de América, Regency Village Theatre (en) Traducir)
18 de maio de 2001 (Estados Unidos de América)
5 de xullo de 2001 (Alemaña)
2001 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Participou en
 Parte da serie
 Sucedido por
Dimensións
Duración90 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios e distincións
Óscar ó mellor filme de animación (24 de marzo de 2002) Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Óscar ó mellor guión adaptado (12 de febreiro de 2002)
Óscar ó mellor filme de animación (12 de febreiro de 2002) Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
88% Rotten Tomatoes (9 de xaneiro de 2026)
84/100 Metacritic (9 de xaneiro de 2026)
7.8/10 Rotten Tomatoes (20 de xuño de 2023) Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF227698994 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-F66F-0000-1-0000-0000-Y Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0dr3sl Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt0126029 Filmaffinity: 494558 Allocine: 27415 Rottentomatoes: m/shrek Mojo: shrek Allmovie: v242627 TCM: 345217 Metacritic: movie/shrek TV.com: movies/shrek Netlix: 60020686 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Shrek é un filme de animación 3D gañador do Premio da Academia de animación, baseado no conto de William Steig titulado Shrek! (1990). Foi dirixido polo neozelandés Andrew Adamson e animado por DreamWorks Animation SKG en maio de 2001. Converteuse na primeira película gañadora do premio Oscar ao mellor filme de animación, categoría introducida no ano 2001. Publicouse en DVD en novembro dese mesmo ano. Foi aclamado pola crítica como unha película de animación merecedora de interese adulto, con moitas bromas e temas dirixidos ao público adulto pero un guión sinxelo dabondo para atraer aos nenos.

O filme tivo un grande éxito coa súa estrea en 2001 e axudou a establecer a DreamWorks coma o principal competidor de Walt Disney Pictures no campo do cine de animación, en particular da animación dixital. De feito, Shrek pasou a se converter na mascota das producións de animación da compañía. Este filme ten tres continuacións: Shrek 2 (2004) e Shrek the Third (2007) e Shrek Forever After (2010).

Estreouse en galego na TVG o 9 de abril de 2009.[1]

Shrek é un ogro que vive nun horrible pantano; odia ser molestado e é moi celoso "da súa intimidade", pero ve o seu fogar invadido repentinamente por un grupo de personaxes de contos de fadas que foron desaloxados por un malvado e baixiño tirano (Lord Farquaad), que é o malvado da historia, con aspiracións de converterse en rei.

Enfadado, Shrek acode con este personaxe tan estraño para esixirlle que lle devolva o seu pantano e saque ós personaxes dos contos que el mesmo enviou aí, para así recuperar a súa amada soidade. Pero este, a cambio, ofrécelle un trato: devolverlle o seu pantano a condición de que rescate a unha princesa que está prisioneira nun castelo custodiado por un enorme dragón lanza-lume e así poder cumprir o seu obxectivo de casar con ela.

Daquela Shrek, acompañado por un asno falante chamado simplemente Asno, diríxese ó castelo onde se atopa retida a princesa. A terrible criatura lanza-lume que vixía o lugar resulta ser unha dragoa, e logo de correr grandes aventuras durante o rescate de devandita princesa, finalmente dáse conta de que o mundo non é tan malo como cría, pois atopa a amizade sincera no asno e o amor na princesa que debía rescatar.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Banda sonora

[editar | editar a fonte]

A música de Shrek foi composta por Harry Gregson-Williams, pero ademais na película incluíronse temas vocais de diferentes artistas. Estes temas son:

  • 2001
  • 2002
    • Annie
      • Outstanding Achievement in an Animated Theatrical Feature
      • Outstanding Individual Achievement for Directing in an Animated Feature Production
      • Outstanding Individual Achievement for Effects Animation
      • Outstanding Individual Achievement for Music Score an Animated Feature Production
      • Outstanding Individual Achievement for Production Design in an Animated Feature Production
      • Outstanding Individual Achievement for Storyboarding in an Animated Feature Production
      • Outstanding Individual Achievement for Voice Acting by a Male Performer in an Animated Feature Production
      • Outstanding Individual Achievement for Writing in an Animated Feature Production
    • ASCAP - Top Box Office Films
    • BAFTA - Best Screenplay - Adapted
    • BFCA - Best Animated Film
    • Blimp - Favorite Voice from an Animated Movie
    • BMI Film Music - ¿?
    • DFWFCA - ' Best Animated Film
    • FFCC - Best Animation
    • Golden Reel - Best Sound Editing - Music - Animated Feature
    • Karlovy Vary International Film Festival - Audience Award
    • KCFCC - Best Animated Film
    • OFCS - Best Animated Feature
    • Oscar ó mellor filme de animación
    • People's Choice Award - Favorite Motion Picture
    • Saturn - Best DVD Special Edition Release
    • Sierra Award - Best Animated Film
    • Young Artist Award - Best Family Feature Film - Animation
  1. "Shrek na TVG". Diario Siglo XXI. 8 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 29 de marzo de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]