Os Picapedra
| Os Picapedra | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||

Os Picapedra (en inglés: The Flintstones), foi unha serie animada de Hanna-Barbera. Trátase dunha das series máis exitosas de tódolos tempos nos Estados Unidos. Estreouse o 30 de setembro de 1960 e estivo en antena en horario de máxima audiencia ata 1966, emitida pola canle de televisión norteamericana ABC. En Galicia a serie puido ser vista primeiro coa dobraxe hispanoamericana en TVE; e posteriormente, xa nos anos 90, na TVG coa dobraxe galega.
Datos
[editar | editar a fonte]A historia tiña lugar nunha vila chamada Pedradura, na Idade de Pedra pero cunha sociedade moi semellante á estadounidense a mediados do século pasado.
Estaba ambientada nun mundo de fantasía onde os dinosauros, mamuts e outros animais xa extinguidos convivían cos humanos, que empregaban tecnoloxía semellante á do século XX pero con animais que realizaban as súas funcións. As personaxes conducían automóbiles feitos de rochas e peles de animais.
As principais personaxes da serie eran os Picapedra, parella formada por Pedro e Vilma, e os Mármore, matrimonio formado por Paulo e Betty. Na etapa final da serie incorporáronse os seus fillos: Pebbles Picapedra e Bam-bam Mármore.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixinalmente, a serie estaba dirixida a un público adulto, o que se apreciaba por estar patrocinada pola marca de tabaco Winston. Nalgúns dos seus anuncios aparecían as personaxes da serie. Os Picapedra mantivo o seu récord como a serie animada máis longa ata 1997, ano no que dito récord pasou a ser doutra serie, The Simpsons.
Fixéronse dúas adaptacións ao cinema con actores reais, en 1994 e 2000.
Dobraxe ó galego
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Os Picapedra en IMDb
- Os Piapedra en TV.com Arquivado 29 de setembro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)