Carlos García Martínez
Carlos García Martínez | |
---|---|
Nacemento | 1945 |
Santiago de Compostela | |
Falecemento | 17 de marzo de 2018 |
Santiago de Compostela | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | historiador |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Carlos García Martínez, nado en Santiago de Compostela en 1945 e finado na mesma cidade o 17 de marzo de 2018[1], foi un historiador e dinamizador cultural galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito en 1968, asumiu a dirección do Museo do Pobo Galego despois da morte de Antón Fraguas, entidade na que xa fora previamente patrono mentor e fundador, asumindo despois labores de secretario e de subdirector. Foi tamén membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, académico correspondente da Real Academia Galega, integrante da Comisión Xestora do novo Seminario de Estudos Galegos, patrón fundador da Fundación Castelao, da Fundación Pedrón de Ouro, socio fundador da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, presidente do Consello Galego de Museos e socio da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Foi galardoado co Premio Trasalba, outorgado pola Fundación Otero Pedrayo, no ano 1999.
Obras[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Arte rupestre en Campo Lameiro, 1973, Concello de Campo Lameiro.
- Morfoloxía castrexa das Terras de Compostela.
- Tipoloxía da vivenda popular galega.
- De alicerces e devocións: unha ollada arredor das orixes, 1999, Fundación Otero Pedrayo.
Edicións[editar | editar a fonte]
- De varia etnográfica, de Xaquín Lorenzo, 2004, La Voz de Galicia.
Obra en castelán[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Cista y ajuar funerario de Atios.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Galicia eterna (I), 1980, Nauta (Barcelona). Con Francisco Fariña Busto e Ana María Romero Masiá.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "García Martínez, Manuel Carlos". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 145.
- "García Martínez, Manuel Carlos". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. pp. 241–242. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. pp. 173–174. ISBN 84-7492-465-0.