Saltar ao contido

Caquexia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caquexia
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
Imaxe
 Instancia de
Características
 Especialidade médica
 Fármacos para tratamento
somatrem (en) Traducir
megestrol (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01wxhm Editar o valor en Wikidata
MeSHD002100 Editar o valor en Wikidata
CIAP-2T08 Editar o valor en Wikidata
CIE-11914154382 Editar o valor en Wikidata
CIE-9799.4 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777704314, C3020092424 e C2911126609 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Caquexia, concepto orixinado a partir de dous termos gregos "kakos" que significa malo e "hexis" que significa condición,[1] é un estado de desnutrición extremo, característico de certas enfermidades en fase terminal.[2] Representa un estado patolóxico que resulta do consumo inadecuado dun ou máis nutrientes esenciais e que se manifesta ou descobre clinicamente ou por probas bioquímicas, de laboratorio ou antropométricas.[3]

Definición

[editar | editar a fonte]

Trátase dun síndrome asociado a moitas enfermidades, do que non constou unha definición precisa ata 2006 e que fixo que durante moitos anos o seu diagnóstico e tratamento sufrisen un atraso.[4] Hoxe en día, defínese como "unha síndrome metabólica complexa asociada a unha enfermidade subxacente caracterizada pola perda de músculo con ou sen masa graxa. A súa característica prominente é a perda de peso en adultos (corrixido pola retención de líquidos) ou a falta de crecemento nos nenos (excluíndo causas endócrinas). Esta enfermidade de desgaste normalmente asóciase a anorexia, inflamación, resistencia á insulina e aumento na degradación de proteínas musculares. O desgaste é diferente do ocurrido pola inanición, sarcopenia (perda de masa muscular asociada á idade), lipoatrofia (perda de graxa subcutánea secundaria a algúns antirretrovirais) así como do producido por depresión primaria, malabsorción, hipertiroidismo, e asóciase co aumento da morbilidade".[4]

Síntomas

[editar | editar a fonte]

Perda de tecido adiposo, perda muscular, debilidade, fatiga, baixa proporción de apetito. [1]

Asociación a enfermidades

[editar | editar a fonte]

SIDA, cancro, enfermidade celíaca, artrite reumatoide, esclerose múltiple, insuficiencia cardíaca conxestiva, tuberculose, envelenamento de mercurio, sepsia severa, malabsorción.[1]

Diagnóstico

[editar | editar a fonte]

A caquexia diagnostícase cando existe unha perda de peso de polo menos un 5% do peso durante os 12 meses previos ou ben cando o índice de masa corporal (IMC) é menor a 20 kg/m², ademais da presenza de máis de tres das cinco seguintes características: diminución da forza muscular, fatiga, anorexia, baixo índice de masa libre de graxa, alteracións bioquímicas (aumento de marcadores inflamatorios, anemia, hipoalbuminemia).[4]

Prognóstico

[editar | editar a fonte]

En casos de desnutrición extrema pode requerirse hospitalización nunha unidade de trastornos alimentarios. Será sempre importante tratar se a causa é algunha enfermidade que poida corrixirse. Ás veces a axuda dun psicólogo ou psiquiatra tamén é moi beneficiosa. [3]

Se se consegue dunha alimentación correcta, pódese saír do estado de desnutrición, pero é preciso esforzo, coñecemento, axuda e sobre todo vontade de parte do enfermo.[3]

  1. 1 2 3 "Caquexia/síndrome el perder". News Medical Life Sciences. Arquivado dende o orixinal o 27/09/2021. Consultado o 27/09/2021.
  2. ↑ https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/caquexia
  3. 1 2 3 "Caquexia". Sociedad Española de Medicina Interna. Consultado o 27/09/2021.
  4. 1 2 3 Milke García, Pilar (2010). "Síndrome de anorexia-caquexia". Revista de Gastroenterología de México 75 (S2): 205–207.