Canción dos Nibelungos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Primeira páxina do manuscrito, 1220-1250

A Canción dos Nibelungos (en alemán: Nibelungenlied) é un cantar de xesta de orixe xermánica da idade media escrito arredor do século XIII.

Este cantar reúne moitas das lendas existentes sobre os pobos xermánicos, mesturadas con feitos históricos e crenzas mitolóxicas que, pola profundidade do seu contido, complexidade e variedade de personaxes se converteu na epopea nacional alemá. O manuscrito da Canción, que se conserva na Biblioteca Estatal de Baviera, foi inscrito no Programa Memoria do Mundo da UNESCO en 2009 como recoñecemento da súa significación histórica.[1]

Versións[editar | editar a fonte]

Ademais de Nibelungenlied ("Canción dos Nibelungos") é coñecido en alto alemán medio, lingua en que está escrito, como Nibelunge not polas palabras que aparecen no último verso do manuscrito achado en Hohenems (Austria) "daz ist der Nibelunge not", que significa "Esta é a destrución dos Nibelungos". O poema nas súas varias formas escritas perdeuse ao final do século XVI, mais manuscritos tan antigos como do século XIII foron redescubertos no século XVIII. Existen arredor de 37 textos en alemán, na súa maioría fragmentarios, e unha reelaboración en neerlandés, que só contén a "lamentación" e un índice. O texto contén aproximadamente 2400 estrofas repartidas en 39 cantos. O título polo que se coñeceu o poema dende o seu descubrimento derívase da liña final dunha das tres versións principais, "hie hât daz mære ein ende: daz ist der Nibelunge liet" ("aquí a historia chega ao final: esta é a canción dos Nibelungos"). Os manuscritos atopáronse sobre todo na parte sur da área xermánica (Suíza, Vorarlberg, Tirol). Os tres manuscritos completos máis antigos foron denominados con letras no século XIX polo filólogo Carl Lachmann na súa obra Der Nibelunge Noth und die Klage nach der ältesten Überlieferung mit Bezeichnung des Unechten und mit den Abweichungen der gemeinen Lesart (Berlín: Reimer, 1826):

A clasificación xenealóxica dos textos responde ao último verso do texto. Así, os manuscritos A e B acaban con "daz ist der Nibelunge not" e o manuscrito C remata con "daz ist der Nibelunge liet". O texto C é unha revisión con vistas ao público, con elementos tráxicos suavizados, e por iso gozou de máis popularidade, aínda que dende a perspectiva moderna, o manuscrito B está máis logrado. Existen varios manuscritos que se asemellan ao manuscrito C, coñecidos colectivamente como *C. Son menos os que seguen o mesmo patrón que B; estes coñécense como *B. O manuscrito A preséntase en gran parte moi próximo a B, máis non está escrito dunha forma tan esmerada e pertence, polo tanto, ao grupo *B.

Estrutura[editar | editar a fonte]

O poema está composto de 39 cantos ou aventuras, que están divididos en dous grandes núcleos: a primeira parte, o poema de Sigfrido, inclúe os cantos I ao XIX, e a segunda parte, a vinganza de Crimhilda, inclúe os cantos XX ao XXXIX.[3][4]

Primeira parte[editar | editar a fonte]

  • Cantos I ao V. Nestes cantos preséntanse os actores, desenvólvense as primeiras aventuras de Sigfrido xunto aos burgundios, e este finalmente pide a man de Crimhilda.
  • Cantos VI so XIV. Nestes cantos ocrro o nó da trama: para poder desposar a Crimhilda, pídeselle a Sigfrido que axude a Gunther a casar con Brunhilda, raíña de Islandia. Para iso fan trampa, dado que a raíña islandesa esixía unha proba de combate e só Sigfrido era capaz de vencela. Ao darse de conta de que casa cun guerreiro menor, na noite de vodas e nas seguintes, Brunhilda négase a consumar o matrimonio: vuelve axudar Sigfrido a Gunther, e como proba leva un cinto de Brunhilda, que regala a Crimhilda. Sigfrido e Crimhilda volven a Niderland, e anos máis tarde son convidados a Worms. Alí prodúcese o acontecimiento fundamental, que é a liorta das dúas raíñas por que rei (Gunther ou Sigfrido) era superior ao outro, Crimhilda amosa o cinto e Brunhilda busca vinganza.
  • Cantos XV ao XIX. Nestes cantos transcorre a traizón, levada a cabo por Gunther e Hagen; este último engana a Crimhilda para descubrir o punto débil de Sigfrido, que morre nunha partida de caza. O tesouro dos Nibelungos é levado a Worms e enterrado no Rin.

Segunda parte[editar | editar a fonte]

  • Cantos XX al XXII. Esta nova sección comeza trece anos máis tarde que a anterior[4] e traslada os acontecementos a outro escenario, o reino dos hunos, onde Atila queda viúvo e lle suxiren casar con Crimhilda. Envía mensaxeiros, liderados por Rudigero de Bechlaren, que fai a proposta. A pesar da desconfianza de Hagen, que pensaba que poñer a disposición da raíña traizoada ao exército máis numeroso traería a desgraza, os irmáns de Crimhilda convéncena de desposar o rei dos hunos. Os dous seguintes cantos narran a viaxe da raíña ao país dos hunos.
  • Cantos XXIII ao XXXIX. Nestes cantos desenvólvese como Crimhilda convida os seus irmáns a Huneland, invitación que aceptan e viaxan a esas terras. Se ben na primeira parte diferenciábanse os burgundios dos nibelungos, nesta empréganse os nomes como sinónimos. Gunther e Hagen parten acompañados de mil guerreiros e tras unha longa viaxe chegan ao castelo de Atila. Pouco tempo despois da súa chegada comezan as escaramuzas, ao principio con pouca intensidade, mais posteriormente xeneralízanse. Ao final, Gunter e Hagen son derrotados e aprisionados. Crimhilda esixe a Hagen que lles diga onde está o tesouro de Sigfrido, e trala negativa do prisioneiro, mátao. O rei Atila recoñece o valor do seu inimigo Hagen, polo que reprocha a Crimhilda a súa morte; o seu pesar é compartido polo cabaleiro Hildebrando, que decide vingar a Hagen e asasina a Crimilda. Con este sanguento desenlace conclúe a Canción dos Nibelungos.

Adaptacións[editar | editar a fonte]

A Canción dos Nibelungos, a saga Thidreks e a saga Völsunga serviron como material para a tetraloxía operística de Richard Wagner, Der Ring des Nibelungen ("O anel do Nibelungo"). Certamente, algúns dos elementos de ambas as versións da lenda xermánica inspiraron a obra de J. R. R. Tolkien, O Señor dos Aneis, así como do seu conto The Legend of Sigurd and Gudrún'.[5]

En 1924, a epopea foi transformada nunha serie de dous filmes, Die Nibelungen: Siegfrieds Tod e Die Nibelungen: Kriemhilds Rache, do diretor alemán Fritz Lang, con guión de Thea von Harbou. Fixéronse novas versións en 1966.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Cantar de los Nibelungos, poema heroico de la Europa medieval | Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura". www.unesco.org. Consultado o 2020-09-28. 
  2. Badische Landesbibliothek: Beschreibung der Nibelungen-Handschrift C. Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine.
  3. Los Nibelungos. Alianza Editorial Sa. 2009. ISBN 978-84-206-4988-7. OCLC 351310100. Consultado o 2020-09-28. 
  4. 4,0 4,1 Criado, Emilio Lorenzo (1994). El cantar de los Nibelungos (en castelán). Catedra. ISBN 84-376-1289-6. OCLC 42880234. Consultado o 2020-09-28. 
  5. Moosburger, Théo de Borba. Introdução à "Saga dos Volsungos", São Paulo: Hedra, 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]