Las Hurdes
Aparencia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Estremadura | ||||
| Provincia | Provincia de Cáceres | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 5.227 (2015) | ||||
Las Hurdes (Las Jurdis en estremeño) é unha comarca pertencente á provincia de Cáceres, ao pé da serra de Gata. Ocupa 471 km² de extensión, e ten unha poboación escasa e decrecente.
Distínguense Las Hurdes Altas, zona en xeral abrupta e con poucas hortas, e Las Hurdes Bajas, máis ricas e con máis cultivos e poboacións (como Pinofranqueado e Caminomorisco).
Las Hurdes foi unha das comarcas menos avanzadas de España, subdesenvolvida economicamente. Presenta poucos servizos e a súa poboación, xa escasa, viuse obrigada a emigrar. Na actualidade presenta melloras de comunicación. Fíxose famosa como exemplo da pobreza estrema en España despois do filme de Luis Buñuel Las Hurdes, tierra sin pan.
