Río Guadalope
Aparencia
| Tipo | río | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Inicio | |||||
| División administrativa | Aragón, España | ||||
| Final | |||||
| División administrativa | Cantabria, España | ||||
| Localización | Río Ebro | ||||
| |||||
| Afluentes | |||||
| Conca hidrográfica | Conca do Ebro | ||||
| Características | |||||
| Dimensións | 160 ( | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 3.890 km² | ||||
| Medicións | |||||
| Caudal | 4,83 m³/s | ||||
O Guadalope é un río de España, o segundo afluente máis longo da marxe dereita do río Ebro tras o Jalón, tendo unha lonxitude de 160 km e unha conca hidrográfica de 3.890 km² aproximadamente.
Ten na súa canle os encoros de Santolea, Calanda e Civan en Caspe; así como a Estanca de Alcañiz e o encoro de Berge no seu afluente o Guadalopillo. Os seus afluentes son pola marxe dereita o río Bergantes, o Fortanete, o Bordón e o Mezquín e pola esquerda o río Aliaga e o Guadalopillo.
Nace na serra de Gúdar, preto das poboacións de Villarroya de los Pinares e Miravete de la Sierra (Teruel). Ao final do seu percorrido achega un caudal ao río Ebro de 58 hm³/ano aproximadamente.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Guadalope |
