Ababuj

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ababuj é un concello da comunidade de Teruel, na provincia de Teruel, España. Conta con 89 habitantes (2004) e ten unha extensión de 54.3 quilómetros cadrados e está a 1368 m de altura sobre o nivel do mar. Atópase a 45 quilómetros da cidade de Teruel. Temperatura media anual 8,4° e 550 mm de precipitación anual.

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 1996 2003 2004 2006
436 382 349 341 363 380 338 179 89 78 85 85 89 84

O nome da localidade sufriu varios cambios. En 1269 chamábase Fabbatux. En 1385, Abauix, durante o reinado de Pedro Iv o Ceremonioso. Fabaux en 1543, cando o emperador Carlos V deixou o goberno en mans do seu fillo Felipe. Finalmente, en 1722, bautízase co nome que ten hoxe en día, Ababuj.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]