Saltar ao contido

Calamocha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCalamocha
Imaxe

Localización
Mapa
 40°55′12″N 1°18′03″O / 40.92, -1.3008333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Teruel Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalCalamocha Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación4.505 (2023) Editar o valor en Wikidata (14,23 hab./km²)
Xeografía
Superficie316,627162 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude884 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal44200 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE44050 Editar o valor en Wikidata

Sitio webcalamocha.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453411

Calamocha é un concello español situado no noroeste da provincia de Teruel, en Aragón. É a capital da comarca do Jiloca, e atópase a 70 km de Teruel. Ten unha superficie de 316,63 km², cunha poboación de 4.319 habitantes (INE 2018) e unha densidade de 13,75 hab/km².

Atópase a beiras do río Jiloca, no fondo do amplo val que forma este río da conca do Ebro, rodeada polas serras do Sistema Ibérico no que se atopa. Está situada no Corredor Cantábrico-Mediterráneo, un dos principais eixos de transporte de España que comunica Valencia e Bilbao, a medio camiño entre as cidades de Teruel e Zaragoza.

Calamocha é a localidade máis importante do terzo noroccidental provincial. É cabeza do partido xudicial de Calamocha, un dos tres da provincia. A súa economía baséase principalmente no sector servizos. Con todo, ten así mesmo un notable sector industrial, onde destaca a industria agroalimentaria e a industria dos materiais de construción. Calamocha é un dos principais polos produtores do Xamón de Teruel.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]