Saltar ao contido

Saturno I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saturno I / Juno V / Saturno C-1
FunciónLanzador espacial pesado
país de orixeEstados Unidos[1]
Tamaño
altura55,0 m[1]
diámetro6,52 m[1]
masa509.660 kg[1]
Etapas3[1]
Carga LEO
masa9000 kg[1]
Carga Traxectoria transluar
masa2200 kg[1]
foguetes derivados
FamiliaSaturno
Lanzamento históricos
EstadoRetirado[1]
SitiosCabo Cañaveral[1][2][3]
Total de lanzamentos10[1][2][3]
Voo inaugural27 de outubro de 1961[1][2][3]
Último voo30 de xullo de 1965[1][2][3]
Primeira etapa – Saturno I[1]
altura24,48 m[1]
diámetro6,52 m[1]
masa baleiro45.267 kg[1]
masa cheo432.681 kg[1]
impulsado por8 H-1[1]
potencia máxima7582,1 kN[1]
Impulso específico255 s[1]
propelenteOsíxeno líquido e queroseno[1]
Segunda etapa – Saturno IV[1]
altura12,19 m[1]
diámetro5,49 m[1]
masa baleiro5217 kg[1]
masa cheo50.576 kg[1]
impulsado por6 RL-10[1]
potencia máxima400,346 kN[1]
Impulso específico410 s[1]
propelenteOsíxeno líquido e hidróxeno líquido[1]
Terceira etapa – Centaur C[1]
altura9,14 m[1]
diámetro3,05 m[1]
masa baleiro1996 kg[1]
masa cheo15.600 kg[1]
impulsado por2 RL-10A-1[1]
potencia máxima133,448 kN[1]
Impulso específico425 s[1]
propelenteOsíxeno líquido e hidróxeno líquido[1]
[ editar datos en Wikidata ]

Saturno I (denominado no seu momento tamén Juno V e Saturno C-1) foi o nome dun foguete dos Estados Unidos que deu comezo á familia de foguetes Saturno e que culminuou no Saturno V. Foi o maior foguete dos Estados Unidos ata aquel momento.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

O Saturno I foi deseñado polo equipo de Wernher von Braun e consistía nun conxunto de oito tanques procedentes de foguetes Redstone rodeando un tanque dun Jupiter C e propulsado por oito motores H-1. O deseño en conxunto de tanques foi alcumado humoristicamente como Cluster's Last Stand (xogo de palabras con Custer's Last Stand, como se denomina ás veces á batalla de Little Bighorn). O foguete foi ideado inicialmente para levar a cabo os primeiros voos circumluares do proxecto Apollo, pero foi desenvolvido tan de xeito temperán que non había naves tripuladas dispoñibles para ser usadas nel.[1][2][3]

Os foguetes Saturno I clasifícanse en dous grupos:[1][2][3]

  • Os do Bloque I non levaban segundas e terceiras etapas funcionais, senón maquetas recheas con auga e lastre e fixeron voos suborbitais.
  • Os do Bloque II usaron segundas e terceiras etapas funcionais e foron lanzados en traxectorias orbitais.

O foguete fixo dez lanzamentos, a maior parte de proba. Varios refinamentos e melloras posteriores diron lugar ao Saturno IB.[1][2][3]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Voo[1][2][3] Data[1][2][3] Rampla de lanzamento[1][2][3] Carga[1][2][3] Resultado[1][2][3] Notas[1][2][3]
SA-1 27 de outubro de 1961 Cabo Cañaveral LC-34 N/A Éxito Primeiro lanzamento dun Saturno I. Voo suborbital con 136 km de apoxeo.
SA-2 25 de abril de 1962 Cabo Cañaveral LC-34 N/A Éxito Segundo voo de probas, suborbital, cun apoxeo de 145 km. O foguete foi explotado intencionadamente no apoxeo. A carga, dous tanques de auga simulando as segunda e terceira etapas, formaron unha nube de xeo a grande altitude no que se deu en chamar proxecto Highwater.
SA-3 16 de novembro de 1962 Cabo Cañaveral LC-34 N/A Éxito Terceiro voo de probas, suborbital, cun apoxeo de 167 km. Segunda proba do proxecto Highwater.
SA-4 28 de marzo de 1963 Cabo Cañaveral LC-34 N/A Éxito Cuarto voo de probas suborbital, cun apoxeo de 129 km. Proba do sistema de compensación de fallo dun motor.
SA-5 29 de xaneiro de 1964 Cabo Cañaveral LC-37B Etapa Saturno IV con lastre e instrumentos. Éxito Primeiro Saturno I do Bloque II, primeiro voo orbital poñendo en órbita a etapa Saturno IV.
SA-6 28 de maio de 1964 Cabo Cañaveral LC-37B Etapa Saturno IV cunha maqueta da nave Apolo. Éxito Segundo Saturno I do Bloque II.
SA-7 18 de setembro de 1964 Cabo Cañaveral LC-37B Etapa Saturno IV cunha maqueta da nave Apolo. Éxito Terceiro Saturno I do Bloque II.
SA-9 16 de febreiro de 1965 Cabo Cañaveral LC-37B Pegasus 1 / Maqueta dunha nave Apolo. Éxito Cuarto Saturno I do Bloque II.
SA-8 25 de febreiro de 1965 Cabo Cañaveral LC-37B Pegasus 2 / Maqueta dunha nave Apolo. Éxito Quinto Saturno I do Bloque II.
SA-10 30 de xullo de 1965 Cabo Cañaveral LC-37B Pegasus 3 / Maqueta dunha nave Apolo. Éxito Sexto Saturno I do Bloque II, último voo dun foguete Saturno I.
  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 Mark Wade (2017). "Saturn I" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2017.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Saturn-1 (Block 1)" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2017.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Saturn-1 (Block 2)" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]