Proxecto Mercury
O proxecto Mercury foi o primeiro proxecto dos Estados Unidos para poñer un home no espazo. Foi seguido polo programa Gemini e o proxecto Apollo e xa máis tarde polo programa do transbordador espacial.[1][2]
O contratista elixido para construír a cápsula Mercury, deseñada por Max Faget, foi a McDonnell Aircraft. O tamaño e masa da cápsula eran o mínimo imprescindible para levar a un home a órbita dadas as limitacións do foguete elixido para lanzala tripulada, o Atlas LV-3B, e de feito as cápsulas tiñan un peso dun terzo das cápsulas Vostok soviéticas, e mentres as Vostok eran capaces de misións de ata unha semana, as Mercury tiñan unha capacidade de ata 24 horas.[1]
Incluíndo voos de proba e voos orbitais, lanzáronse ou intentáronse lanzar 25 cápsulas Mercury. Tódolos lanzamentos tripulados tiveron éxito, aínda que nalgúns momentos con perigo para o astronauta.[1]
Astronautas
[editar | editar a fonte]Os sete astronautas do proxecto Mercury (coñecidos popularmente como os sete de Mercury) foron os primeiros astronautas estadounidenses, elixidos mediante rigorosas probas. Foron os seguintes:
- Scott Carpenter
- Gordon Cooper
- John Glenn
- Virgil Grissom
- Walter Schirra, Jr.
- Alan Shepard
- Deke Slayton
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Voo[1][2] | Data[1][2] | Tripulación[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Resultado[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|---|---|
Mercury-LJ 1 | 21 de agosto de 1959 | N/A | Little Joe 1 | Fallo. | Primeiro voo, de probas, dunha cápsula Mercury. |
Mercury-BJ 1 | 9 de setembro de 1959 | N/A | Atlas LV-3B | Éxito | Proba suborbital. |
Mercury-LJ 6 | 4 de outubro de 1959 | N/A | Little-Joe 1 | Éxito | Proba suborbital. |
Mercury-LJ 1A | 4 de novembro de 1959 | N/A | Little-Joe 1 | Fallo | |
Mercury-LJ 2 | 4 de decembro de 1959 | N/A | Little-Joe 1 | Éxito | Proba suborbital. |
Mercury-LJ 1B | 21 de xaneiro de 1960 | N/A | Little-Joe 1 | Éxito | Proba suborbital. |
Mercury BA1 (Mercury 1) | 9 de maio de 1960 | N/A | Mercury-LES | Éxito | Proba suborbital. |
Mercury MA-1 (Mercury 4) | 29 de xullo de 1960 | N/A | Atlas LV-3B | Fallo | Proba suborbital. |
Mercury LJ-5 (Mercury 3) | 8 de novembro de 1960 | N/A | Little Joe 1 | Fallo parcial | Proba suborbital. |
Mercury MR-1 (Mercury 2 F1) | 21 de novembro de 1960 | N/A | Redstone | Fallo | Proba suborbital. |
Mercury MR-1A (Mercury 2 F2) | 19 de decembro de 1960 | N/A | Redstone | Éxito | Proba suborbital. |
Mercury MR-2 (Mercury 5) | 31 de xaneiro de 1961 | N/A | Redstone | Éxito | Proba suborbital. |
Mercury MA-2 (Mercury 6) | 21 de febreiro de 1961 | N/A | Atlas LV-3B | Éxito | Proba suborbital. |
Mercury LJ-5A (Mercury 14) | 18 de marzo de 1961 | N/A | Little Joe 1 | Éxito | Proba suborbital. |
Mercury-MR-BD | 24 de marzo de 1961 | N/A | Redstone | Éxito | Proba suborbital. |
Mercury MA-3 (Mercury 8 F1) | 25 de abril de 1961 | N/A | Atlas LV-3B | Fallo | Proba suborbital. |
Mercury LJ-5B (Mercury 14A) | 28 de abril de 1961 | N/A | Little Joe 1 | Fallo parcial | Proba suborbital. |
Mercury MR-3 (Freedom 7) | 5 de maio de 1961 | Alan Shepard | Redstone | Éxito | Suborbital. Primeiro estadounidense no espazo. |
Mercury MR-4 (Mercury 11, Liberty Bell 7) | 21 de xullo de 1961 | Virgil Grissom | Redstone | Éxito | Suborbital. |
Mercury MA-4 (Mercury 8 F2) | 13 de setemrbo de 1961 | N/A | Atlas LV-3B | Éxito | Proba orbital. |
Mercury MA-5 (Mercury 9) | 29 de novembro de 1961 | N/A | Atlas LV-3B | Éxito | Proba orbital. |
Mercury MA-6 (Mercury 13, Friendship 7) | 20 de febreiro de 1962 | John Glenn | Atlas LV-3B | Éxito | Primeiro voo tripulado orbital dos Estados Unidos. |
Mercury MA-7 (Mercury 18, Aurora 7) | 24 de maio de 1962 | Scott Carpenter | Atlas LV-3B | Éxito | |
Mercury MA-8 (Mercury 16, Sigma 7) | 3 de outubro de 1962 | Walter Schirra | Atlas LV-3B | Éxito | |
Mercury MA-9 (Mercury 20, Faith 7) | 15 de maio de 1963 | Gordon Cooper | Atlas LV-3B | Éxito | Último voo do proxecto Mercury |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Proxecto Mercury |