Athena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un foguete Athena 1 engalando na base da illa Kodiak, en Alasca.

Athena foi unha familia de foguetes de propelente sólido construídos con capital privado e deseñados para poñer en órbita diferentes cargas. O nome orixinal dos foguetes foi LMLV (acrónimo de Lockheed-Martin Launch Vehicle) e LLV (Lockheed Launch Vehicle). Foron retirados do servizo tras non dar os beneficios esperados.[1]

Construíronse dúas versións do foguete, correspondentemente denominados Athena 1 e Athena 2. Planeouse unha versión maior denominada Athena 3, pero despois da cancelación do proxecto nunca foi construída.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2011). "Athena" (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]