Juno I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde «Jupiter C»)
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juno I
O Juno I lanzador do Explorer 1, nos momentos previos á engalaxe.
O Juno I lanzador do Explorer 1, nos momentos previos á engalaxe.
Función Lanzador espacial de baixa capacidade.
País de orixe Estados Unidos[1]
Tamaño
Altura 21,2 m[1]
Diámetro 1,78 m[1]
Masa 29.060 kg[1]
Etapas 4[1]
Capacidade
Carga útil a LEO 11 kg[1]
Foguetes asociados
Derivados Juno II
Historia de lanzamentos
Estado Retirado[1]
Sitios de lanzamento Cabo Cañaveral[1]
Total de lanzamentos 9[1][2]
Fallos 3[1][2]
Voo inaugural 20 de setembro de 1956[1][2]
Último voo 23 de outubro de 1958[1][2]

Juno I foi o nome dun foguete derivado do foguete suborbital Jupiter C, derivado á súa vez do mísil Redstone. A miudo úsase indistintamente o nome de Juno I ou Jupiter C para designar o foguete. Tecnicamente, o Juno I era un Jupiter C cunha cuarta etapa. O Jupiter C usouse en lanzamentos suborbitais previos ó intento de poñer un satélite en órbita.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Juno I foi o primeiro foguete en conseguir poñer con éxito un satélite dos Estados Unidos en órbita, o Explorer 1, adiantándose ós intentos errados do programa Vanguard. Foi lanzado un total de nove veces, incluídos tres voos suborbitais. Dos lanzamentos orbitais, tivo éxito en tres.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Voo[1][2] Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
1 20 de setembro de 1956 Cabo Cañaveral, plataforma 5 N/A Éxito Primeiro voo suborbital dun Juno I / Jupiter C.
2 15 de maio de 1957 Cabo Cañaveral, plataforma 6 N/A Éxito Segundo voo suborbital dun Juno I / Jupiter C.
3 8 de agosto de 1957 Cabo Cañaveral, plataforma 6 N/A Éxito Terceiro e último voo suborbital dun Juno I / Jupiter C.
4 1 de febreiro de 1958 Cabo Cañaveral, plataforma 26A Explorer 1 Éxito Primeiro lanzamento orbital exitoso dos Estados Unidos.
5 5 de marzo de 1958 Cabo Cañaveral, plataforma 26A Explorer 2 Fallo Fallo na ignición da cuarta etapa.
6 26 de marzo de 1958 Cabo Cañaveral, plataforma 5 Explorer 3 Éxito
7 26 de xullo de 1958 Cabo Cañaveral, plataforma 5 Explorer 4 Éxito
8 24 de agosto de 1958 Cabo Cañaveral, plataforma 5 Explorer 5 Fallo A primeira etapa colisiounou coas etapas superiores no momento da separación, co que a segunda etapa encendeuse pero apuntando nunha dirección incorrecta.
9 23 de outubro de 1958 Cabo Cañaveral, plataforma 5 Beacon 1 Fallo Fallo estrutural do foguete aos 149 segundos. Último voo dun Juno I.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 Mark Wade (2011). "Jupiter C" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Juno-1" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]