Titan (foguete)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A familia de foguetes Titan.

Titan é o nome dunha familia de foguetes espaciais estadounidenses que ten súa orixe no mísil LGM-25C Titan II, desenvolvido a principios da década de 1960.[1][2]

Historia[editar | editar a fonte]

Os foguetes Titan desenvolvéronse para cubrir as necesidades da USAF de levar cargas medias a órbita nos anos 1960, competindo en primeiro lugar co Saturno I e máis tarde cos transbordadores espaciais, sobrevivindo a ambos. Con todo non tivo éxito comercial e acabou sendo substituído polos foguetes Delta IV e Atlas V.[1][2]

Orixinalmente tiñan que ter servido para lanzar o avión espacial tripulado X-20A Dynasoar, a Gemini B e as estación MOL, pero todos eses proxectos acabaron cancelados. No seu lugar usáronse para lanzar satélites de comunicación, recoñecemento e escoita electrónica na súa maior parte. Algúns lanzaron tamén sondas espaciais. O último Titan lanzouse o 19 de outubro de 2005.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2011). "Titan" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Titan family" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]