Saltar ao contido

Cabalo salvaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabalo salvaxe
Equus ferus
Pieter Boddaert 1785 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Nome curto
E. ferus Editar o valor en Wikidata
Características
 Ciclo diurno
 Hábitat
Taxonomía
Conservación
Especie en perigo
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdePerissodactyla
FamiliaEquidae
TriboEquini
XéneroEquus
EspecieEquus ferus Editar o valor en Wikidata
Boddaert, 1785 Equus ferus Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/095v6q Editar o valor en Wikidata
ITIS926143 Editar o valor en Wikidata
OTT520756 Editar o valor en Wikidata
UICN41763 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

O cabalo salvaxe (Equus ferus) é unha especie do genus Equus, que inclúe ás subespecies do cabalo doméstico e as non domésticas tarpán e cabalo de Przewalski. O tarpán extinguiuse no século XIX, pero o cabalo de Przewalski foi salvado e reintroducido satisfactoriamente en liberdade. O posible antepasado do cabalo doméstico foi o tarpán, que vivía nas estepas de Eurasia no tempo da domesticación.[1][2][3] Dende a extinción do tarpán, realizáronse numerosos intentos de reconstruír o fenotipo, dando as razas de cabalos Konik e o cabalo de Heck. Estas razas de cabalo non son consideradas cabalos salvaxes xa que proveñen substancialmente de cabalos domésticos.

O termo "cabalo salvaxe" é usado coloquialmente para referirse ás manda de cabalo silvestre como os Mustang dos Estados Unidos ou os Brumby de Australia. Estes cabalos silvestres son membros indómitos da subespecie cabalo doméstico (Equus ferus caballus), e non deben ser confundidos coas dúas subespecies de cabalos verdadeiramente "salvaxes".

Subespecies

[editar | editar a fonte]

E. ferus tivo numerosas subespecies. Só tres sobreviviron ata tempos modernos:[4]

  • O cabalo doméstico (Equus ferus caballus).
  • O tarpán ou "cabalo salvaxe eurasiático" (Equus ferus ferus), outrora nativo de Europa e o leste de Asia. O tarpán extinguiuse en liberdade no século XIX, e o derradeiro exemplar morreu en catividade nun zoo de Ucraína en 1909.
  • O cabalo de Przewalski (Equus ferus przewalskii), tamén coñecido como "cabalo salvaxe mongol" ou "Takhi", é orixinario de Asia central e o Deserto do Gobi.

Os dous últimos son os dous únicos grupos que nunca foron domesticados.[3] Porén, puideron existir outras subespecies de Equus ferus e ser o antepasado dos cabalos domésticos.[3]

  1. "The First Horses: The Przewalskii and Tarpan Horses". The legacy of the horse. International Museum of the Horse. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2007. Consultado o 2009-02-18.
  2. Bowling, Ann T.; Anatoly Ruvinsky (2000). "Genetic Aspects of Domestication, Breeds and Their Origin". En Ann T. Bowling, Anatoly Ruvinsky. The Genetics of the Horse. CABI Publishing. ISBN 978-0-85199-429-1.
  3. 1 2 3 Colin Groves, 1986, "The taxonomy, distribution, and adaptations of recent Equids," In Richard H. Meadow and Hans-Peter Uerpmann, eds., Equids in the Ancient World, volume I, pp. 11-65, Wiesbaden: Ludwig Reichert Verlag.
  4. Don E. Wilson & DeeAnn M. Reeder, ed. (2005). "Equus caballus". Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2012. Consultado o 01 de xuño de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]