Raza de cabalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha raza de cabalo é unha poboación seleccionada de cabalo doméstico, a miúdo cun pedigree recollido nun rexistro oficial. Porén, o termo é empregado frecuentemente para definir razas naturais de animais, ou cabalos seleccionados naturalmente dun fenotipo común e localizados nunha rexión xeográfica concreta. Dependendo da definición, hoxe en día existen centos de "razas", desenvolvidas para usos moi diferente. As razas de cabalos están divididas en tres categorías baseadas no seu temperamento: os de "sangue quente" con velocidade e xenio; os de "sangue frío" como o cabalo albardeiro e algúns ponis; e os "sangue morno" que son produto de cruces entre os sangue quente e frío.

As razas de cabalos son grupos de animais con características distintivas que son transmitidas ós seus descendentes, como o tamaño, a cor, as habilidades ou a disposición. Estes trazos herdados son o resultado da combinación e cruces artificiais para producir cabalos dunhas características determinadas.

Híbridos[editar | editar a fonte]

Os cabalos poden cruzarse con outras especies de equinos para producir híbridos. Estes tipos de híbridos non son razas. O híbrido máis común é a mula, un cruzamento entre un burro macho e unha egua. Un híbrido relacionado é o burreño, un cruzamento entre un cabalo macho e un burro femia.[1] Outros híbridos comúns danse nas cebras. Con raras excepcións, a maioría de híbridos equinos son estériles e non poden reproducirse.[2] Unha excepción notable son os cruzamentos entre o cabalo doméstico e o Equus ferus przewalskii, comunmente coñecidos como cabalo de Przewalski.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mule Information". BMS Website. British Mule Society. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 2008-07-10. 
  2. "Befuddling Birth: The Case of the Mule's Foal". All Things Considered. National Public Radio. Consultado o 2008-08-16.