Saltar ao contido

Rinoceronte de Xava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rinoceronte de Xava
 Nome taxon
    Rhinoceros sondaicus
Anselme Gaëtan Desmarest 1822 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Rhinocerus sondaicus sondaicus (1884, Zoolóxico de Londres)
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Características
 Caracterizado por
 Ciclo diurno
 Hábitat
 Subdivisións
  • Rhinoceros sondaicus annamiticus
  • Rhinoceros sondaicus inermis
  • Rhinoceros sondaicus sondaicus
 Conservación
Especie en perigo crítico
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdePerissodactyla
FamiliaRhinocerotidae
XéneroRhinoceros
EspecieRhinoceros sondaicus Editar o valor en Wikidata
Desmarest, 1822 Rhinoceros sondaicus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Período de xestación
   480 d Editar o valor en Wikidata
Datas
 Período de aparición
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01qcfq Editar o valor en Wikidata
ITIS625004 Editar o valor en Wikidata
OTT668145 Editar o valor en Wikidata
UICN19495 Editar o valor en Wikidata
CoL4S84X Editar o valor en Wikidata
EOL328342 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O rinoceronte de Xava (Rhinoceros sondaicus) é un membro da familia dos Rhinocerotidae e unha das cinco especie de rinocerontes que quedan. Pertence ó mesmo xénero que o rinoceronte da India, e ten a mesma pel en mosaico que semella unha armadura, pero é máis pequeno (de feito, aseméllase máis en tamaño ó rinoceronte negro do xénero Diceros). O seu corno mide usualmente menos de 25 cm, menor que o das outras especies de rinocerontes.

Esta especie era das máis comúns en Asia, e o seu territorio abranguía as illas de Xava e Sumatra, todo o sueste de Asia, a India e a China. A especie está en perigo crítico, con só unha poboación coñecida en liberdade, e ningún exemplar en catividade. É posiblemente o gran mamífero máis raro da terra, cunha poboación de só 40 individuos no Parque Nacional Ujung Kulon no leste de Xava, en Indonesia. Unha segunda poboación do Parque Nacional Cat Tien de Vietnam foi confirmada como extinta en 2011. O declive do rinoceronte de Xava atribúese á caza, sobre todo para obter os seus cornos, que son altamente valoradas na medicina tradicional chinesa, chegando a valer $30.000 o quilogramo no mercado negro. A perda de hábitat, especialmente como resultado das guerras, como a Guerra de Vietnam, contribuíu á desaparición da especie e á súa difícil recuperación. Os exemplares que aínda se conservan viven no Parque Nacional Ujung Kulon, pero esta especie está aínda en perigo polos cazadores, as enfermidades e a perda de diversidade xenética que supón a depresión endogámica.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.