Tarpán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Tarpán
Única foto coñecida dun suposto tarpán vivo, 1884.
Única foto coñecida dun suposto tarpán vivo, 1884.
Estado de conservación
Status iucn3.1 EX gl.svg
Extinto
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Perissodactyla
Familia: Equidae
Xénero: Equus
Subxénero: Equus
Especie: 'E. ferus'
Subespecie: E. f. ferus
Nome trinomial
Equus ferus ferus
Boddaert, 1785
Sinonimia

Equus equiferus Pallas, 1811
Equus gmelini Antonius, 1912
Equus sylvestris Brincken, 1826
Equus silvaticus Vetulani, 1928
Equus tarpan Pidoplichko, 1951

O tarpán (Equus ferus ferus), tamén coñecido como cabalo salvaxe euroasiático) é unha subespecie extinta do cabalo salvaxe. O derradeiro exemplar que se cría que pertencía a esta especie morreu en catividade en Rusia en 1909, malia que algunhas voces apuntan a que non era un cabalo salvaxe xenuíno.

A comezos dos anos 1930, fixéronse numerosos intentos por recrear cabalos que se asemellaran ós tarpáns mediante a cría selectiva. As razas que resultaron foron o cabalo de Heck, o Hegardt ou cabalo de Stroebel e a raza Konik, todos os cales teñen unha aparencia primitiva, particularmente pola súa cor. Algúns destes cabalos son promocionados comercialmente como "Tarpáns". Porén, a palabra "tarpán" só podería describir a un verdadeiro cabalo salvaxe.

Nome e etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome "tarpán" ou "tarpani" provén do nome de orixe kirguiz ou casaco que significa "cabalo salvaxe".[1][2] Os tártaros e cosacos distinguiron o salvaxe do cabalo silvestre; chamado Takja ou Muzin.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tarpan". Merriam-Webster Unabridged. 
  2. "Tarpan". Vasmer's Etymological Dictionary. 
  3. Boyd, Lee; Houpt, Katherine A. (1994). Przewalski's Horse: The History and Biology of an Endangered Species. SUNY Series in Endangered Species. Albany State University of New York Press. ISBN 0-7914-1890-1. 
  4. Smith, Charles Hamilton (1841/1866). The Natural History of Horses, with Memoir of Gesner.