Saltar ao contido

Cúrcuma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo trata sobre o condimento ou colorante, para a planta tropical da cal se extrae esta substancia, véxase Cúrcuma (planta).

Cúrcuma en po

A cúrcuma é un colorante natural, catalogado co código alimentario da Unión Europea como E-100ii. Mostra unha cor amarela e extráese da raíz da planta da cúrcuma (Curcuma longa). A cúrcuma é o estado bruto dos extractos da planta, mentres que a súa forma refinada se denomina curcumina.

Empregouse ao longo da historia para colorear, por exemplo, partes do corpo; pero o seu uso máis estendido foi o de colorante de téxtil. Emprégase para tinguir algodón, la, seda, coiro, papel, lacas, verniz, ceras etc. Tamén se emprega como colorante alimentario para o arroz, carne e pratos preparados de orixe hindú, pois é deste país onde o seu uso é máis común.

Uso medicinal

[editar | editar a fonte]
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

En medicina - sobre todo a Ayurvédica - ten amplo uso contra a hepatite A, B e outras hepatites, en casos de trombocitopenia (plaquetas baixas), como regulador da inmumidade e coadxuvante en inmunodeficiencias, incluídas certas formas de cancro como o carcinoma de mama e o hepatocarcinoma.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]