Radar (Dragon Ball)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Radar é un obxecto da serie de manga e anime Dragon Ball. Nela, é creado por Bulma, ós 16 anos, cando atopou a primeira Bóla do Dragón, e é mencionado dende o primeiro capítulo da serie. No transcurso da serie, axuda a buscar as lendarias 7 bólas máxicas que ó ser reunidas espertan o deus Dragón, que é quen de conceder calquera desexo que se lle pida. Son Goku, Bulma e os demais déronse á incríbel aventura de buscar ditas bólas coa axuda deste obxecto.

Durante a Saga do Xeneral Red, a Red Ribbon tiña a súa propia versión do radar de dragón, pero era algo primitivo e podía dar soamente unha idea xeral de onde estaban as Bólas do Dragón. O emperador Pilaf tamén construíu a súa propia versión, superior ó radar de dragón; formado por un globo e instalado no seu dirixíbel flotante, era quen de amosar a posición exacta das Bólas do Dragón sobre o planeta.

Posteriormente na serie Dragon Ball GT modificaríase, co obxectivo de buscar as bólas de estrela negra a través do universo. Mentres esta viaxe se leva a cabo, o radar é engulido e asimilado por un robot, chamado Gil Gil, no primeiro planeta que visitan, e por esta razón acompáñaos no resto da súa viaxe, realizando as funcións do radar.

Funcionamento[editar | editar a fonte]

O radar rastrexa a enerxía emitida polas Bólas do Dragón, co cal pódese saber con alto grao de precisión onde se atopan estas bólas. Comprobouse a súa efectividade na Terra, en Namek e no resto do Universo. A única vez que este radar foi incapaz de detectar unha bóla ocorreu cando esta estaba dentro dunha caixa especial deseñada por Pilaf para que non se puidera detectar.

Descrición[editar | editar a fonte]

Aparece coma un obxecto arredondado e plano de cor branca, cunha pantalla circular de cor verde e provista dunha cuadrícula. Na parte superior dispón dun pulsador, que ó ser accionado amosa a localización dunha ou máis esferas, que son simbolizadas na cuadrícula coma puntos amarelos. Se se preme o botón do radar máis dunha vez a imaxe da pantalla amplíase. No radar, as bólas do dragón pódense representar de diversos xeitos, por exemplo se hai seis bólas xuntas poden aparecer seis puntos, ou ben un único punto identificado co número seis.