Vila Tugendhat
(cs) Villa Tugendhat ![]() | ||||
Tipo | edificio de museo villa ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Fritz Tugendhat (en) ![]() ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Brno-sever, República Checa (en) ![]() ![]() ![]() | |||
Localización | Černopolní 237/45, 613 00 Brno ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 0,73 ha zona de protección: 2.824,9 ha ![]() | |||
Patrimonio da Humanidade ![]() | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 2001 (25ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii) e (iv) ![]() | |||
Identificador | 1052 | |||
Monumento nacional da República Checa | ||||
Data | 15 de novembro de 1995 | |||
Identificador | 1000126603 | |||
Monumento cultural da República Checa | ||||
Data | 1963 | |||
Identificador | 16079/7-98 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1930 ![]() | |||
Actividade | ||||
Días abertos | de martes a domingo ![]() | |||
Propietario | Fritz Tugendhat (en) ![]() ![]() ![]() | |||
Premios | Q66004127 ![]() ![]() | |||
Sitio web | tugendhat.eu ![]() | |||
A Vila Tugendhat é considerada unha obra mestra do arquitecto alemán Ludwig Mies van der Rohe. Construída no 1930 en Brno, na actual República Checa, por encargo de Fritz Tugendhat e a súa muller Greta, pronto se converteu nunha icona da arquitectura moderna.
Historia e características
[editar | editar a fonte]O custo da súa construción foi moi alto debido ao infrecuente método de construción, os materiais luxosos, unha tecnoloxía de calefacción moi moderna, a ventilación etc. É tamén bastante grande para unha casa familiar, feito que pode non percibir o visitante ocasional posto que a elegante simplicidade das habitacións usadas pola familia é compensada por un espazo moi grande ocupado por habitacións utilitarias.
Fritz e Greta Tugendhat, que eran xudeus, deixaron Checoslovaquia cos seus fillos en 1938, pouco despois de que o país fose desmembrado segundo o acordo de Múnic. Non volveron nunca. A casa tivo varios usos prácticos durante as décadas posteriores á segunda guerra mundial e en 1992 os líderes políticos de Checoslovaquia se reuniron nela para asinar o documento que dividía formalmente ao país nos actuais estados da República Checa e Eslovaquia. Dende 1994 a vila está aberta ao público como museo administrado pola cidade de Brno.
A vila Tugendhat foi designada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2001.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Entrada ás habitacións da familia á esquerda. Unhas escaleiras nese lado do edificio baixan ao salón.
-
Vista da parte esquerda dende a rúa.
-
Interior e mobiliario
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vila Tugendhat |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)