Borraxeiros, Agolada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Borraxeiros
Igrexa de San Cristovo de Borraxeiros.
ConcelloAgolada[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°47′53″N 8°00′39″O / 42.7979611, -8.01081058Coordenadas: 42°47′53″N 8°00′39″O / 42.7979611, -8.01081058
Área16,23 km²
Poboación267 hab. (2013)
Densidade16,45 hab./km²
Entidades de poboación20[1]
editar datos en Wikidata ]

San Cristovo de Borraxeiros é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Agolada. Segundo o IGE de 2013 tiña 267 habitantes (136 mulleres e 131 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 450 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Na parroquia consérvanse restos de diversas épocas. En dúas mámoas atopáronse senllos aneis. Nun poboado castrexo atopouse unha machada, dúas vasillas de barro e un colar.

O Pazo de Borraxeiros[editar | editar a fonte]

Pazo de Borraxeiros.
Pazo de Borraxeiros.

No lugar da Torre, un enclave elixido para a defensa, levántase o pazo de Borraxeiros. A edificación era un castelo-fortaleza medieval e foi derrubado en 1467 na gran guerra irmandiña. Estas ruínas serviron como asento doutro edificio de aspecto feudal. Ao longo do tempo sucedéronse diversas reconstrucións que converxeron na antiga casa señorial conservada na actualidade.

En 1581 Antonio Salgado Gundín mercou as ruínas da torre e a xurisdición correspondente, chegando a ser así señor de Borraxeiros. A súa carreira militar e a obtención dun hábito da Orde de Santiago foron máis ca suficientes para que o seu corpo descansase na igrexa parroquial. Foi soterrado no presbiterio da igrexa parroquial, de estilo románico da segunda metade do século XII, onde foi construída unha estatua orante do século XVII.

Os señores de Borraxeiros participaron en numerosos actos bélicos, culminando a súa carreira militar despois de varias xeracións coa consecución dun título nobiliario, o condado de Borraxeiros, sendo o primeiro Joaquín Salgado Enríquez.

Os Fociños no poder[editar | editar a fonte]

A liñaxe dos Salgado chega ata finais do século XIX. José María Salgado Cárdenas, IV conde de Borraxeiros, casou con María Teresa Zárate. Da parella naceu José Salgado, o cal casou con Socorro Ramos Otero. Tiveron como fillos a José e a Socorro Salgado. A herdeira do pazo foi Carmen Salgado, filla tamén de José Salgado. Ao casar esta con Ulrico Fociños de Valenzuela Bordalonga, os Fociños foron, a partir de entón, os señores de Borraxeiros.

Nas últimas décadas do século XIX Ulrico e a súa familia vivían en Lalín. Alí exercía o posto de xuíz municipal, compaxinándoo co cargo de alcalde en Agolada. Nesta época, como o pazo quedaba deshabitado, decidiron alugarllo á Garda Civil. Esta permaneceu no lugar ata a década de 1920.

O fillo de Ulrico, José Fociños Salgado, sucedeuno como alcalde de Agolada cara a 1915, e na ditadura de Primo de Rivera acadou o posto de xuíz municipal, que mantivo ata os anos 40. José casou con Dolores Fariña Barreiro e tiveron sete fillos: Encarnación, Carme, José Antonio, Dolores, Matilde, Ulrico e Enriqueta Focíños de Valenzuela Fariña.

O dono do pazo é Ulrico Fociños de Valenzuela Fariña. O título de Conde separouse da propiedade do pazo; quen o ostenta dende 1958 é Manuel Taboada Roca, neto de Socorro Salgado (filla de José Salgado e de Socorro Ramos Otero).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Borraxeiros[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Borraxeiros no concello de Agolada (Pontevedra)

A Bugalleira | Cabanelas | Castro | Cezobre | Couso | Cristín | A Ermida | A Guillerma | Meixide | O Penedo | As Penelas | A Ponte do Muíño | O Quinteiro | Reboredo | Rego Traveso | Sa | San Miguel | A Torre | A Vila | Vilanova

Parroquias de Agolada[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Agolada

Agra (San Miguel) | Artoño (Santalla) | A Baíña (San Pedro) | Basadre (Santa María) | Berredo (Santa María) | Borraxeiros (San Cristovo) | Brántega (San Lourenzo) | Brocos (San Miguel) | Carmoega (San Pedro) | Eidián (Santiago) | Esperante (San Cibrao) | Ferreiroa (San Pedro) | Gurgueiro (San Miguel) | Merlín (San Pedro) | Órrea (Santo André) | Ramil (San Martiño) | San Paio de Bais (San Paio) | Santa Comba (San Xoán) | Sesto (San Cibrao) | O Sexo (Santiago) | As Trabancas (San Mamede) | Val de Sangorza (Santa María) | Ventosa (San Xulián) | Vilariño (Santa María)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]