Santa Comba, Agolada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Santa Comba
Igrexa de San Xoán de Santa Comba, Agolada.JPG
Igrexa de San Xoán de Santa Comba.
Parroquia de Santa Comba do concello de Agolada.png
Concello Agolada
Área 4,72 km²
Poboación 93 hab. (2013)
Densidade 19,7 hab./km²
Entidades de poboación 8

San Xoán de Santa Comba é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 93 habitantes (48 homes e 45 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 153 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

En Santa Comba están os montes Candeiro e San Sadurniño e un pequeno outeiro denominado Monte do Castro con algúns restos da súa antiga fortificación.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Nas súas proximidades poden verse dúas mámoas. A igrexa parroquial foi construída no século XVIII.

A casa de Quintela ou dos Arias conserva a solaina, a capela e o hórreo, ademais dun escudo no que se adiviña unha torre, un león rampante e unhas barras. Foi fundada polo escribán Alonso de Lodeiro, que obtivo carta de fidalguía en 1568.

Festas[editar | editar a fonte]

A festa principal e a do Ecce Homo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Santa Comba[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Santa Comba no concello de Agolada (Pontevedra)

Astrar | Carral | Castro | Garlín | Quintela | Santa Comba | Santán | O Valadoiro

Parroquias de Agolada[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Agolada

Agra (San Miguel) | Artoño (Santalla) | A Baíña (San Pedro) | Basadre (Santa María) | Berredo (Santa María) | Borraxeiros (San Cristovo) | Brántega (San Lourenzo) | Brocos (San Miguel) | Carmoega (San Pedro) | Eidián (Santiago) | Esperante (San Cibrao) | Ferreiroa (San Pedro) | Gurgueiro (San Miguel) | Merlín (San Pedro) | Órrea (Santo André) | Ramil (San Martiño) | San Paio de Bais (San Paio) | Santa Comba (San Xoán) | Sesto (San Cibrao) | O Sexo (Santiago) | As Trabancas (San Mamede) | Val de Sangorza (Santa María) | Ventosa (San Xulián) | Vilariño (Santa María)


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]