Brocos, Agolada
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Brocos.
| Brocos | |
|---|---|
Capela da Santa Cruz | |
| Concello | Agolada[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°49′44″N 8°07′14″O / 42.82895273, -8.12066156 |
| Área | 3,55 km² |
| Poboación | 62 hab. (2013) |
| Densidade | 17,46 hab./km² |
| Entidades de poboación | 5[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Miguel de Brocos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 62 habitantes (36 homes e 26 mulleres), 62 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Brocos é de orixe descoñecida, mais podería proceder do adxectivo broco ("curvado cara abaixo") referido á forma do terreo, ou ben co termo borco ("dado a volta, boca abaixo"), en relación coa baixada suave cara ao río Ulla.[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Igrexa de San Miguel de Brocos. O templo vello quedou asolagado coa construción do encoro de Portodemouros, e construíuse un novo. Conserváronse as campás da igrexa vella.
- Capela de Santa Cruz, na aldea de Brocos.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Restos da antiga aldea, anegada polo encoro de Portodemouros.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Brocos
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Brocos no concello de Agolada (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Barrio | Brocos | O Bugallal | O Marquesado | Quintela |
Parroquias de Agolada
[editar | editar a fonte]