Ventosa, Agolada
| Ventosa | |
|---|---|
| Concello | Agolada[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°44′15″N 7°59′11″O / 42.73739364, -7.9864486 |
| Área | 16,44 km² |
| Poboación | 305 hab. (2013) |
| Densidade | 18,55 hab./km² |
| Entidades de poboación | 12[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Xiao de Ventosa[2] (até 2026, Ventosa (San Xulián)) é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Agolada, na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2013 tiña 305 habitantes (149 homes e 146 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 483 habitantes.
Nesta parroquia existiu unha banda de música: a Banda de música de Ventosa.
Xentilicio
[editar | editar a fonte]O seu xentilicio é ventosino[3].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial data do século XIII pero da súa orixe románica tan só permanece a fachada e a nave. No interior destaca o sepulcro do abade Lope de Ventosa e catro paneis completos dun baldaquino.
En Axiaz hai varios túmulos dolménicos e unha casa grande que conserva unha cheminea flanqueada por gárgolas que pertenceu ao escudeiro Lope de Brandariz.
En San Xulián de Chaos hai sartegos antropoides tallados en rocha viva e un castro de pequenas dimensións.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Ventosa, Agolada.
- Portada meridional da igrexa.
- Portada occidental da igrexa.
- Capiteis da portada occidental.
- Sepulcro da igrexa de Ventosa.
- Vista da Igrexa
- As vinte e catro parroquias que conforman o concello de Agolada.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Ventosa
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Ventosa no concello de Agolada (Pontevedra) | |
|---|---|
|
A Aldea do Monte | Axiaz | Buxán | Cartimil | A Eirexe | Grixanova | Laxe | Quintela | Río | Os Toxás | Treilamas | Vilar |
Parroquias de Agolada
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ "DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.". Xunta de Galicia. Consultado o 2026-05-12.
- ↑ "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 25. Consultado o 22 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ventosa, Agolada |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Igrexa de San Xulián de Ventosa na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- Baldaquino de San Xulián de Ventosa na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- Sepulcro do Abade Lope de Ventosa na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.