Brántega, Agolada
Brántega | |
---|---|
Igrexa de San Lourenzo de Brántega. | |
![]() | |
Concello | Agolada |
Área | 6,37 km² |
Poboación | 127 hab. (2013) |
Densidade | 19,94 hab./km² |
Entidades de poboación | 11 |
San Lourenzo de Brántega é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada. Segundo o IGE de 2013 tiña 127 habitantes (66 homes e 61 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 240 habitantes. Nesta parroquia tivo a súa sede a Banda de música de Brántega
Índice
Economía[editar | editar a fonte]
A parroquia de Brántega foi cabeza do concello e nela celebrábase unha importante feira no lugar da Feira Nova o día 26 de cada mes, hoxe desaparecida. Ademais é un nó de comunicacións para as freguesías do arredor e mantén unha certa actividade comercial e de servizos. A súa maior riqueza é a forestal e destaca pola súa produción de cortiza, xa que a sobreira medra en abundancia na cunca do río Arnego, afectada polo incendio de Toiriz en maio de 2018.
A gandería é a principal economía da parroquia, con dúas grandes granxas. Hai plantacións de eucalipto e piñeiro, decote afectadas polos incendios. O resto da economía local é a denominada economía de subsistencia propia das aldeas.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Brántega é un nome de raíz céltica. Existen na parroquia varios túmulos funerarios no Campo da Mámoa e en Moas.
A igrexa parroquial, do século XVIII, garda un retablo barroco. Ademais da igrexa, hai tres capelas nos lugares de Moas, O Casal e A Feira Nova.
No tocante á arquitectura civil, na aldea de Moas existe un vello casal con escudo nobiliario que pertenceu ao conde de Pallares.
Festas[editar | editar a fonte]
O titular de Brántega é San Lourenzo, pero a festa patronal e a de San Bartolomeu o 24 e 25 de agosto[1].
Celébrase tamén no lugar da Feira Nova a Festa da Santa Cruz.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Agolada.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Brántega[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Brántega no concello de Agolada (Pontevedra) | |
---|---|
A Carballa | O Casal | Castro | A Eirexe | A Feira Nova | Fondo de Brántega | Moas | Sobrado | As Torres | Vilanova | O Vilar |
Parroquias de Agolada[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- A Comarca do Deza, Armando Vázquez Crespo e Daniel González Alén. Deputación de Pontevedra