Berredo, Agolada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Berredo
Igrexa de Santa María de Berredo, Agolada.jpg
Igrexa de Santa María de Berredo.
Parroquia de Berredo do concello de Agolada.png
Concello Agolada
Área 4,27 km²
Poboación 106 hab. (2013)
Densidade 24,82 hab./km²
Entidades de poboación 5

Santa María de Berredo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE de 2013 tiña 106 habitantes (62 mulleres e 44 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 171 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada ao norte do concello. Limita ao norte co concello de Santiso, ao este con Eidián e ao sur e ao oeste con Artoño

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Igrexa de Santa María de Berredo, románica, construída a finais do século XII, da que só se conserva a ábsida semicircular e os arranques da nave. Na ábsida, as columnas exteriores foron substituídas por contrafortes ou bandas lombardas; conserva os canzorros e fiestra en arco, tapiada.

Festas[editar | editar a fonte]

A parroquia celebra tres festas no ano: o 3 de febreiro, San Brais; o segundo domingo de maio, Santa Lourdes; e os días 15 e 16 de agosto, Santa María, a patroa e o San Roque respectivamente.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Agolada.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Berredo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Berredo no concello de Agolada (Pontevedra)

O Almacén | Barrio | A Casa de Ascontra | As Casiñas | Cornella | O Corval | A Eirexe | O Pradeiro | Quintá

Parroquias de Agolada[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Agolada

Agra (San Miguel) | Artoño (Santalla) | A Baíña (San Pedro) | Basadre (Santa María) | Berredo (Santa María) | Borraxeiros (San Cristovo) | Brántega (San Lourenzo) | Brocos (San Miguel) | Carmoega (San Pedro) | Eidián (Santiago) | Esperante (San Cibrao) | Ferreiroa (San Pedro) | Gurgueiro (San Miguel) | Merlín (San Pedro) | Órrea (Santo André) | Ramil (San Martiño) | San Paio de Bais (San Paio) | Santa Comba (San Xoán) | Sesto (San Cibrao) | O Sexo (Santiago) | As Trabancas (San Mamede) | Val de Sangorza (Santa María) | Ventosa (San Xulián) | Vilariño (Santa María)


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]