Borgoña (homónimos)
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Borgoña pode referirse a:
Xeografía e historia:
- Unha rexión histórica da Europa Occidental, que pode entenderse como:
-
- o Ducado de Borgoña, tamén denominado Borgoña ducal ou Borgoña francesa, que foi incorporado ao reino de Francia no século XV;
- o Condado de Borgoña, veciño do ducado, e tamén denominado Borgoña condal, Borgoña española ou Franco condado, que foi incorporado ao reino de Francia no século XVII.
- Ambas as Borgoñas formaban parte do baixomedieval Estado borgoñón (séculos XIV e XV), xunto a outros territorios, especialmente:
- os Países Baixos borgoñóns, conxunto medieval de territorios ao norte da Borgoña francesa, e que posteriormente deron lugar aos Países Baixos españois (denominados xenericamente Flandres) e que na actualidade son os estados de Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo.
- O emperador Maximiliano I creou un círculo de Borgoña no Sacro Imperio, que incluía os territorios achegados pola súa muller María de Borgoña (1477).
- Con anterioridade á formación dese estado baixomedieval, a Borgoña feudal da plena Idade Media (século XI) era o lugar patrucial da Casa de Borgoña, unha liñaxe aristocrática e da realeza europea (Portugal, Galicia, León e Castela).
- Cómpre non confundir esta dinastía coa Casa de Valois-Borgoña, unha rama menor da dinastía real francesa dos Valois, que reinaron no ducado de Borgoña e, despois, no chamado Estado borgoñón, que se iniciou cando o rei Xoán II de Francia (tamén duque de Borgoña como Xoán I) entregou como feudo o ducado de Borgoña ao seu fillo máis novo, Filipe o Atrevido.
- Moi anteriormente, na Alta Idade Media, o Reino de Borgoña foi un dos reinos francos (século VI), cuxo nome provén de Burgundia, a terra dos burgundios, un dos pobos xermánicos que invadiron esta zona do Imperio romano. Desta Borgoña altomedieval derivaron::
- a Alta Borgoña, marca do Imperio carolinxio (século VIII) e reino independente do Imperio (século IX) do que derivaría o Ducado de Borgoña, o Condado de Borgoña e a Transxurania posteriores.
- a Baixa Borgoña, ou segundo reino de Borgoña (século IX), primeiro reino independente do Imperio carolinxio non gobernado por un descendente de Carlomagno por vía masculina, situado nun territorio moito máis meridional que o do ducado da Alta Borgoña: o val do Ródano, formado pola Cisxurania (Lión, Vienne, e Savoia) e a Provenza.
- A reunión de ambas as Borgoñas no século IX baixo a mesma dinastía, formou o Reino de Arlés, tamén chamado Reino das dúas Borgoñas ou Arelato.
- a Guerra de Borgoña, entre o Estado borgoñón e o reino de Francia (1474).
- Archeros de Borgoña ou Garda borgoñoa, unidade militar española do século XVI.
- Cruz de Borgoña, símbolo de uso heráldico e vexilográfico, orixinario de Borgoña (como cruz de Santo André, patrón de Borgoña) e utilizado desde 1506 pola monarquía e distintas unidades militares españolas.
Persoas que levan ese apelido:
- Os membros das casas aristocráticas de Borgoña e de de Valois-Borgoña.
- Xoán de Borgoña, pintor español dos séculos XV e XVI.
- Filipe de Borgoña ou de Bigarny, escultor español dos séculos XV e XVI.
Conceptos derivados do viño producido na rexión de Borgoña:
- Viño de Borgoña, un viño francés;
- Viñedo de Borgoña, unha zona vitivinícola francesa;
- Botella tipo borgoña ou botella borgoña, un tipo de botella de viño;
- Copa tipo borgoña ou copa borgoña, un tipo de copa especialmente deseñada para beber o viño de Borgoña (ou outros viños tintos);
- Cor borgoña, unha cor.