Casa de Valois-Borgoña
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Borgoña (homónimos).
A casa dos Valois-Borgoña é unha rama menor da dinastía Valois.
Os Valois-Borgoña, duques de Borgoña, tiveron a súa orixe cando Xoán II de Francia (tamén duque de Borgoña como Xoán I) entregou como feudo o ducado de Borgoña ao seu fillo máis novo, Filipe o Atrevido.
A política expansionista dos membros desta dinastía deu lugar ao poderoso Estado borgoñón na baixa Idade Media e o Renacemento.
Distínguese da Casa de Borgoña dos Capetos, descendentes de Roberto II de Francia, aínda que ambas as casas pertenceron á dinastía dos Capetos.
Lista dos duques de Borgoña
[editar | editar a fonte]- Filipe o Atrevido, duque de Borgoña como Filipe II (1363–1404)
- Xoán Sen Medo, duque de Borgoña como Xoán II (1404–1419)
- Filipe o Bo, duque de Borgoña como Filipe III (1419–1467)
- Carlos o Temerario, duque de Borgoña como Carlos I (1467–1477)
- María de Borgoña, duquesa titular de Borgoña (1477–1482)