Bogen
| Bogen | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
Bogen (en bavarés: Boong) é unha cidade do Landkreis de Straubing-Bogen no Land de Baviera, Alemaña. No seu termo municipal hai un santuario mariano antigo, lugar de peregrinacións, instalacións militares, como a Graf-Aswin-Kaserne, e unha rica paisaxe natural.[1]
Situación
[editar | editar a fonte]Bogen está entre situado entres as ladeiras sur do bosque bávaro (Bayerischer Wald) e o río Danubio.
A cidade está ao pé do Bogenberg (literalmente, "monte de Bogen"), un outeiro na beira do Danubio.

Demografía
[editar | editar a fonte]Nos inicios da década de 2020 había censados uns 10.000 habitantes.[1]
Historia e economía
[editar | editar a fonte]A economía local susténtase na agricultura e o turismo, con festas tradicionais, lugares atractivos para os amantes da natureza e unha arquitectura que conserva elementos medievais.[1]
Prehistoria e Idade Antiga
[editar | editar a fonte]A rexión onde se atopa Bogen foi habitada desde tempos prehistóricos, como evidencian os achados arqueolóxicos. Durante o período romano, a área estivo baixo influencia romana como parte da fronteira norte do Imperio, coñecida como o limes Germanicus.
Idade Media
[editar | editar a fonte]Os Wittelsbach asumiron o control de Baviera tras a extinción dos Condes de Bogen no 1242. Este e outros territorios pasaron a formar parte dos seus dominios, reclamando o trono de rexións como o Palatinado e por momentos, Bohemia e Hungría.
Idade Moderna e Contemporánea
[editar | editar a fonte]A Guerra dos Trinta Anos no século XVII devastou a Baviera, incluíndo Bogen. No século XIX, coa consolidación dos estados alemáns e a formación do Imperio Alemán en 1871, o reino de Baviera, viu un importante crecemento.
Tras a revolución alemá de 1918, Baviera converteuse nun estado libre dentro da República de Weimar, e Ludwig III, o último rei de Baviera, foi deposto. Durante o século XX, Bogen e Baviera sufriron as dúas guerras mundiais e cambios significativos na RFA e posteriormente na Alemaña unificada.
Irmandamentos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 "About: Bogen, Germany". dbpedia.org. Consultado o 2024-08-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bogen |
| A Galipedia ten un portal sobre: Alemaña |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |

