Bobby Lennox
Bobby Lennox | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Robert Lennox | ||
Nacemento | 30 de agosto de 1943 | ||
Lugar de nacemento | Saltcoats | ||
Posición | Dianteiro Centro | ||
Información de club | |||
Club actual | Retirado | ||
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Robert Lennox, nado en Saltcoats o 30 de agosto de 1943, alcumado Buzz Bomb ou Lemon porque os defensores ó seu carón asemellaban lapas que o succionaban, foi un futbolista escocés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ocupaba a demarcación de dianteiro e que viviu unha etapa dourada sendo un dos artellantes dos Lisbon Lions que no 1967 foran gañadores da Copa de Europa. O 5 de setembro de 1961 chegaba ata Celtic Park proveniente do Ardeer Recreation pra face-lo seu debut na vitoria por 2-1 nun encontro ligueiro contra o Dundee F.C.. Nas súas 589 participacións coa camisola do club foi quen de facer unha boa morea de goles (273).
Coa selección escocesa xogou 10 veces sumando 3 goles sendo o máis transcendental o que lle meteu a Inglaterra en 1967 en Wembley na disputa dun amigable que terminou cun 2-3 prós escoceses no taboleiro de marcas.
Despois de retirarse da práctica en activo do fútbol seguiu ligado ó Celtic ata 1993, é dicir, durante a piques de 32 anos dende que chegara coma xogador. No 1 de xaneiro de 1981 recibiu a Orde do Imperio Británico por tódolos servizos que lle levara prestado ó Celtic en toda a súa traxectoria deportiva.